A arte da manipulación

Co paso dos séculos e por ende, da historia da humanidade, cronistas, artistas e polític@s teñen usado o seu talento ou ao carecer de este, os medios ao seu alcance, ao servizo dos imperios e dos estados para fomentar ese espírito patriótico que pode decaer en épocas de guerra ou de dificultades sociais. Mediante a propaganda e os medios de comunicación de cada época as nacións e os países teñen feito axustes na historia ao servizo dos seus intereses.

Xulio César nos seus escritos sobre a conquista da Galia deixou un importante legado de literatura latina, e sentou as bases do que serían os textos propagandísticos. A posterior utilización de bustos seus e dos sucesivos emperadores, xunto coa acuñación de moeda coa súa faciana tiña como dobre finalidade por un lado a económica, e por outro a de mostrar ao mundo o seu gran poder como cabeza visible do imperio, é dicir a de informar.

A propaganda propiamente dito, a parte de enxalzar os valores patrióticos e  influír nas emocións da xente foi, e segue a ser, un medio eficaz e moi fidedigno para deshumanizar ao inemig@ nos momentos previos ao campo de batalla e estigmatizalo. Este foi un claro exemplo do uso que a igrexa fixo da propaganda e dos medios de comunicación existentes no seu momento para apelar o seu odio contra a relixión musulmán e lanzar as cruzadas.  De feito o primeiro documento oficial no que se teña constancia da verba “propaganda” data de 1622 na “Sacra Congregatio de Propaganda Fide” do Papa Gregorio XV.

Por ese mesmo século, o suceso que fixo que a “Armada Invencible” de Felipe II sucumbise as inclemencias meteorolóxicas nos arrecifes de Irlanda e Escocia, serviu de base para que o pobo inglés e a súa raíña Isabel I usasen a divina providencia como vía propagandística para facer ver que Inglaterra había triunfado sobre o catolicismo español.

Moitos países teñen usado estas estratexias para engrandecer e enmarcar, as veces máis do debido, os seus logros e minimizar ata o insignificante os do bando inimigo. Sempre foi así, propaganda e información úsanse de parte e con intereses ben definidos.

Dando xa un pequeno salto temporal, e buscando un exemplo máis cercan no tempo e na historia recente, non podemos esquecer a maquinaria propagandística nazi. Tal foi a importancia que Hitler lle deu a esta ferramenta que incluso  chegou a crear un ministerio expreso para tal fin: O “Ministerio de Propaganda”, dirixido no seu momento por Joseph Goebbels.

Máis recentemente no ano 1991 puidemos ver como a maquinaria ianqui e os seus medios de comunicación  empregaban a propaganda para defender a súa lexitimidade na declaración de guerra a Saddam Hussein. Anos despois tras os atentados do 11-S das Torres Xemelgas propios EE.UU. crearon a “Oficina de Influencia Estratéxica” como medio de presión psicolóxica e social para convencer a opinión pública dos males de tódalas nacións musulmáns. De feito esta oficina mentiu cando asegurou que Irak tiña armas de destrución masiva.

Queda claro pois, que os medios propagandísticos xunto cos medios de información ben (ou mal) usados poden chegar a cambiar o rumbo de unha nación.
Pois en España a día de hoxe non somos ningunha excepción.

Lin fai uns días un post compartido en facebook, por un compañeiro moi sensato, visceral e de mente esperta, moi realista da situación actual dos medios de comunicación a propaganda e a súa relación directa cos partidos políticos.

Expresaba que unha vez perdido o poder por parte do PP no reino de España, a prensa esquécese da corrupción, cousa que seguimos a padecer e a pagar tod@s, e pasan a alarmar a poboación con inmigración, manteir@s, traslados de terroristas,etc e que incítannos a pensar que deberían volver a gobernar. A situación actual e ben fiel ao que describen estas liñas.

Como se co PP non houbese ningún de eses problemas, que só había corrupción, que non deixa ser un mal menor pensarán el@s, e que agora co PSOE ( poño S de socialista e O de obreiro pero debería poñer B de burgués e M de monárquico que lle acae máis...) o país vai a deriva....unha deriva que xa deixaron eles moi ben marcada: débeda pública, precariedade laboral, rescate da banca, corrupción, paraísos fiscais, pensións mínimas, desaloxos, nulidade de investimentos en cultura, educación, investigación, etc.

Queda ben claro que a importancia dos medios de comunicación e da propaganda sigue máis en voga que nunca.

Quen controla os medios controla o máis importante da sociedade actual: o pensamento das masas. E isto por moi trivial que pareza é a base de que a xente, individuo a individuo, poida pensar de un xeito ou de outro e obrar en consecuencia. Sempre en interese do que se busque. E o que se busca nunca é a realidade, senón unha adaptación e acomodación de parte, de intereses. Tal é así. E en Galiza estamos a vivilo día tras día co que está a pasar nos nosos informativos. A mordaza que o PP aplica en Galiza é brutal.

Pasou no Parlamento Galego, cando se prohibía as deputadas da oposición facer mención da sentencia do caso Gurtel. Un despropósito total.

Pasou cando o señor presidente da Xunta prohibiu falar máis de 45 segundos nos informativos de dita sentencia.

E sigue a pasar coa persecución que están a sufrir @s presentador@s, redactor@s e traballador@s da RTVG. Vergoñento e insultante nun país no que se defende a liberdade de expresión.

Así que efectivamente a historia se repite e nos remite ao que sempre veu pasando. Quen controla os medios de información e propagandísticos, ten unha arma terrible ao seu favor. Pero a xente do pobo temos unha forte defensa fronte a ese asedio: a cultura e a educación.

Parafraseando a Kant ben certo é que “un pobo educado é un pobo libre”. Libre de decidir e de saber o que lle convén. Aquí nas portas da cultura a propaganda non dá a coñecer nada. Volvese PROPAGADA. Pagada por quen quere ocultar a verdade ou cando menos contala ao seu xeito.

Pagada por quen a manipula.

Pagada con P...

Publicidade

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.