Onde soterrar a Franco

Un lugar digno e respectuoso, como as cunetas e os fondos dos rìos nos que xaceron asasinados en Galiza homes e mulleres de ben pola furia fascista desatada por unha guerra criminal dirixida por un indigno xeral chamado Francisco Franco que estableceu,  na súa  ilexítima sublevación e a súa vitoria contra un goberno lexitimamente constituído, un estado ditatorial totalmente irrespetuoso cos dereitos humanos.

Franco morreu, a ditadura con el, pero seguímos téndolle medo e témolo que tratar con dignidade  e respecto non vaia ser que desperten os demos que levou dentro e vólvase a ouvir o ruído de sables que inxenuamente algúns pensan que xa están absolutamente envainados e consigan que este infausto  golpista renaza das súas cinzas.

Pois ben, a ditador morto e demócrata posto, os restos daquel deberían ser soterrados ordinariamente, entregados á   familia  como un acto de humanidade democrática e se nin a familia o quere e Franco non ten onde caerse morto, os municipios teñen cemiterios de soterramento para indixentes, bastante máis dignos e respectuosos que o seu novo acompañante. Así cumpriríase o que se pretende dende o goberno actual. Aínda que o lugar natural dos seus restos sería no fondo dalgunha tapia dese corral de mortos que falaba Unamuno.

Publicidade

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.