0 Gardados para despois

Xosé Manuel Sarille

Mestura

Genes, povos e línguas, de Luigi Luca Cavalli-Sforza, é un libro que modifica profundamente o coñecemento xeral. O autor reconstrúe a evolución humana a partir de datos xenéticos modernos e vincula a súa investigación coa lingüística e outros saberes tradicionais do campo das letras, por chamarlles dalgunha maneira.

Son moitas cousas, pero resulta fascinante como desmonta o concepto de raza, esa cotra supurante, unha construción cultural arbitraria e criminosa, sen xustificación biolóxica, que invadiu durante séculos as universidades e as ideoloxías máis diversas.

Tamén analiza a tendencia dos pobos con éxito a convencérense de que son os mellores por mor das súas calidades: automaticamente deciden que son innatas, hereditarias, da raza, cando en realidade o éxito na historia sempre dura pouco.

Sobre a pureza racial explica que para obtela cómpre que se crucen só entre si irmáns, pais e fillos durante vinte xeracións. A pureza de calquera raza é inexistente, imposíbel e totalmente indesexábel.

Cavalli-Sforza, de fermoso nome.

Publicidade

Acerca de Xosé Manuel Sarille