Modelo Florida

A edición portuguesa de Le Monde Diplomatique publica este mes un artigo titulado Porno-riquismo. Joao Rodrigues afirma que o novo segmento económico do país veciño é o luxo. Trátase de transformar Portugal na Florida de Europa. Co estatuto de residente non habitual e a autorización de residencia para actividade de investimento pretenden para atraer os máis ricos.

Ofrecen vivendas de patrimonio histórico, das que saen as familias de clase media, e centros urbanos convertidos en espazos para os privilexiados que buscan experiencias únicas, reflexo dos seus valores. Segundo o autor afóndase radicalmente a brecha entre o 1% e o 99% restante da poboación.

O plano conta co apoio do Estado que obra arestora a través dun goberno loado por toda a esquerda europea sen excepción, porque desobedeceron as directrices de Bruxelas, romperon coas receitas da austeridade, crean emprego, medra a economía e saen do terríbel marasmo de hai uns anos. Aquilo que desexan tantos é cuestionado como insuficiente desde a edición portuguesa da revista máis prestixiosa da esquerda.

Publicidade

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.