0 Gardados para despois

Fito Álvarez

Dajla non é Marrocos

Aos responsables de Conxemar 2018:

O Sahara Occidental, onde se insere a rexión de Dajla é un territorio non autónomo pendente de descolonización que foi invadido polo reino de Marrocos en 1975 e que a día de hoxe segue un conflito pendente de resolución.

As innumerables resolucións das Nacións Unidas, o ditame do tribunal internacional e os recentes ditames do tribunal de xustiza europeo son claros sobre o feito de que Marrocos non ten soberanía sobre o territorio.

Calquera acordo, convenio ou evento ten que ter a aprobación do pobo saharauí a través do seu lexítimo representante, a Fronte Polisaria.

Non hai dúbida sobre a lexitimidade da Fronte Polisaria como representante do pobo saharauí, xa que é este movemento de liberación quen asinou o acordo de cesamento do fogo, e é coa Fronte Polisaria con quen Marrocos ten que negociar baixo os auspicios das Nacións Unidas.

Lamentablemente asistimos novamente en Galicia ás mesmas manobras ilegais e que expón moitas dúbidas sobre a verdadeira razón por parte de Conxemar de acceder a lexitimar unha ocupación ilegal.

Publicidade

Acerca de Fito Álvarez

Fito Álvarez Tombo, membro da ONG Solidariedade Galega co Pobo Saharaui