Interpretando o municipalismo

Xente do país, estamos a escasos seis meses dos comicios municipais de Galiza e abriuse a caixa de Pandora.  Ao duro traballo que se ten levado a cabo en estes últimos tres anos dende a irrupción  no espazo político das mareas municipalistas, hai que sumarlle o mérito de fai dous anos haber dado o salto  ao Parlamento Galego e ser líderes na oposición. Iso sen contar as tres alcaldías de Ferrol, A Coruña e Compostela, e as concellarías acadadas e nas que se traballa por defender o ben común ao longo e ao ancho de toda Galiza..

E en esas estamos e seguimos traballando en moitos concellos, nalgúns con máis medios que en outros, pero en todos coa mesma ilusión e con ganas de facelo o mellor posible. E de aquelas mareas que xorden para as municipais do 2015 e do espírito como ferramenta útil de batalla no Parlamento de En Marea e das súas forzas integradoras, moit@s seguimos dando forma a este proxecto que en algunhas vilas leva un nome e en outras outro, pero que en tódolos sitios ten as mesmas bases nas que se asentan polo que loitamos e polo que creemos que se poden mellorar as cousas no noso país e para a nosa xente.

Por que En Marea e as mareas municipais das que toma forza e das que naceu, é o espazo de ruptura político e de unidade popular co que en este vindeiro ano se pode dar batalla en moitos concellos. Un espazo amplo, participativo, onde todas contamos, onde as inscritas deciden cada seis meses o futuro e as decisións que se han de tomar. Onde de esta vez tamén toca reelixir os nosos órganos de dirección e se fai cunhas primarias onde tod@s podemos participar.

Pero a loita no eido municipal contra os partidos da casta non significa unha carta branca no que todo vale. A escasas semanas do plenario de En Marea no que se debateran textos de índole política e organizativa, vemos como van aflorando novas formacións e plataformas que denuncian o estado no que están sumidos moitos concellos debido aos gobernos conservadores e herdeiros das políticas franquistas que asolan as nosas provincias. E fanse chamar defensor@s do ben común e buscan aglutinar e sumar forzar para loitar contra esta hexemonía de políticas caciquís. Denuncian o estado de abandono dos concellos, a precariedade laboral, a escaseza de servizos no rural, o abandono da poboación das vilas e pobos a favor das grandes urbes. Denuncian o que ven denunciando En Marea e as mareas municipais e din defender o que xa fai tempo ven defendendo e traballando día a día dende fai tempo outras xentes que participan do espazo das mareas.

Esa mensaxe de denuncia e de futura loita que prometen, criticando o espazo de unidade popular que xa é En Marea, non busca realmente aglutinar forzas, busca a ruptura de este proxecto que naceu no Mar de Vigo.

A crítica a un espazo, a un proxecto que realmente si atende e escoita as necesidades das galegas, que só se ve limitado pola forza que a día de hoxe ten o PP no noso país e nas súas administracións infestas de corrupción, é unicamente con afán de personalismos e de búsqueda de cotas de poder onde se vende como fin último o ben común e a unión de forzas, pero a pouco que esta unión requira traballo, esforzo e xenerosidade amosa a súa verdadeira faciana:  protagonismo e dirixir e “gobernar” o espazo creado.

Venden a imaxe de nov@s Mesías e aseguran que cada partido por onde pasaron, por que cambian de partido e de ideoloxía moi facilmente, e cada proxecto polo que pouco teñen traballado pero seguro que si teñen criticado, está obsoleto e non é válido para a nosa xente nin para o noso país. E en esas andan, buscando novas ideas e novas promesas de mellora e de cambio, coma se o resto estivésemos esperando a que chova para arriba e a que aparecesen para darnos a coñecer a gran verdade. Por que, pregúntome eu...¿Que leva facendo En Marea todo este tempo?; ¿Que fin buscan as iniciativas que presentan alí no Parlamento?¿As mareas municipalistas por que loitan? ;¿Que defenden? .....A ver si é que estamos a facer as cousas do revés e non nos dimos conta en todo este tempo e gracias a estas “novas figuras” vemos por primeira vez a realidade de miseria social, de abandono do rural, de recortes na sanidade, na educación, na vivenda, de precariedade laboral, de abandono da cultura, da educación, da nosa lingua, da explotación dos nosos recursos, da realidade nas institucións patriarcais e machistas, da inexistencia de políticas ecoloxistas e animalistas, no abandono dos nosos maiores e da inexistencia de políticas reais de recuperación da nosa terra e da nosa xente emigrada, do abandono total das nosas vilas e das nosas xentes ao que nos ten sometido o PP... Non, eu creo que non. Non  nos teñen que abrir os ollos en nada.

Si hai un interese real por mellorar as cousas, aglutinar forzas, aproximar as institucións a xente, que todas poidamos participar e aportar sen imposicións dende directivas nin dende “líderes” que marquen o camiño e a folla de ruta a seguir, ese intereses altruísta demóstrase sumándose a este proxecto que é En Marea. Un proxecto aglutinador, transversal, de amplitude social. E as mareas municipais foron os antecedentes de este proxecto. E en esas liñas basean as súas argumentacións políticas e de amplitude social.

Quen queira entender este espazo como un espazo inservíbel, mal encamiñado vai. Non aportar e incluso ir en contra de estas ideoloxías é sinxelamente ir en contra da xente. Por que si o que define as mareas é algo por riba de todo, é a defensa da xente.

Argumentar o mesmo dende un espazo distinto e buscando rachar e menosprezar o traballo e a loita de moit@s galeg@s é desprezar os dereitos da xente e a mesma xente.
Predicar é doado, pero transformar esas verbas en accións e en traballo xa é outro cantar.

Como comencei este artigo remátoo do mesmo xeito: abriuse a caixa de Pandora e como no mito da mesma, no fondo, ao final de todo o rebumbio que se poida dar, sempre quedará Elphis, o espíritu da esperanza, a esperanza de un país mellor. En Galiza ese Elphis para moitas galeg@s é En Marea, e toma a súa forza polo cambio e por mellorar as cousas das xentes das mareas municipais e de tódolos actores e actrices partícipes do cambio.

Publicidade

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.