0 Gardados para despois

Fito Álvarez

Marrocos

Marrocos, ademais de ignorar as decisións e recomendacións da ONU e os seus mecanismos na área dos dereitos humanos, agrava a situación dos presos políticos saharauís que están suxeitos a represalias constantes.

O Bachir Khadda do grupo de Gdeim Izik terminou unha folga de fame que durou 43 días e atópase nun estado de debilidade física extrema.

A dirección da prisión Tiflet 2 onde está detido non enviou ningún médico ou enfermeiro para avaliar a situación de Khadda.

Este xornalista e activista de dereitos humanos non é capaz de manterse en pé, está nunha cadeira de rodas sen que os gardas axúdenlle a moverse. Está en confinamento prolongado nunha cela sen o mínimo de condicións e sen acceso a comida adecuada.

Abdallah Abbahah, outro preso político do grupo de Gdeim Izik, está en folga de fame hai 33 días, nunha cela fría, sen ningún tipo de mobiliario, só con tres mantas finas e auga para beber.

Abbahah sofre de  reumatismo e dores intensas debido ás secuelas de tortura sufrida desde 2010, ademais de padecer de problemas pulmonares e asma.

Mohamed  Bourial do mesmo grupo e na mesma cárcere tamén está en folga de fame desde o 12 de outubro e en situación de saúde crítica.

Os presos de Ait Melloul do mesmo grupo foron obxecto de envelenamento a través da comida que se lles dá.

Brahim  Ismaili e Sidahmed Lemjeyid son vítimas desta forma de mal trato por segunda vez nun espazo inferior a 2 meses, Mohamed Lefkir e Mohamed Bani víronse gravemente afectados durante o primeiro envelenamento.

Os presos políticos do Grupo de Gdeim Izik son vítimas de secuestro, tortura, malos tratos continuos, illamento prolongado, racismo, ataque físico, neglixencia médica intencionada e administración de medicación inadecuada desde a súa detención en 2010. O goberno de Marrocos está a destruír a saúde destes presos de forma intencionada poñendo en perigo as súas vidas.

Esta forma de actuar intencional non pode ser cualificada doutra forma que non sexa asasinato.

Publicidade

Acerca de Fito Álvarez

Fito Álvarez Tombo, membro da ONG Solidariedade Galega co Pobo Saharaui