Pepe Villarejo des hautes études

De momento dita parte da axenda política, dispoñendo crises e dimisións coa intensidade apetecida

Pode pasar que o tipo funda a orde social, literalmente, ciscando as charlas negras do millón longo de persoas que compoñen a elite hispana. Ou poida que negocien con el e se converta nun Pepe II de España que agarra polos collois ao estado, converténdoo en falido. Broma con isto hai pouca; de momento dita parte da axenda política, dispoñendo crises e dimisións coa intensidade apetecida.

Acaba de crear unha nova e solidísima fonte que vai revolucionar a ciencia histórica. Nunca se puidera acceder á cartografía completa do lado escuro do poder

Pero a min o que me fascina é que acaba de crear unha nova e solidísima fonte que vai revolucionar a ciencia histórica. Antes foron os arquivos parroquiais, o ADN ou o carbono 14, mais nunca se puidera acceder á cartografía completa do lado escuro do poder, desde as súas capas medias até o vértice. A historia total está agora máis perto grazas a este antropófilo, non menos honesto que o Juan March contrabandista ou o Nobel fabricante de armas. Non se trata xa de contar as fabas que se comían na Gascuña para incorporalas ao engado holístico da historia, senón de baixar en serio ao centro da cagalleira, ao xeito de Andrzej Wajda en Kanal.

Publicidade

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.