0 Gardados para despois

Vicente Abelleira Cambeiro

A accesibilidade universal: Unha cortina de fume

O 3 de decembro é o Día Internacional de Persoas con Diversidade Funcional. Unha data onde se poñen na mesa de traballo, dereitos, integración, accesibilidade e vida independente.

Pois eu neste día sinalado, quero poñer o meu “grao de area” a un problema que está entre as persoas de diversidade funcional, como é a accesibilidade, onde temos moitas leis e decretos, pero os problemas aínda están sen darlle solucións.

Levo dende o 1982 en movementos asociativos de persoas con diversidade funcional, e levar sempre o mesmo discurso de eliminar barreiras arquitectónicas diante da administración xa se fai monótono e aburrido; porque se a chamada LISMI (Lei 13/7 de abril de 1982 de Integración Social dos Minusválidos BOE 30-04-1982) si se cumprira na súa totalidade, non estaríamos a falar de este tema; pero por desgraza, aínda temos que poñer dentro das pancartas en 2018, a “Eliminación de barreiras arquitectónicas”.

O problema non é que haxa leis ou decretos lexislativos, de iso temos dabondo, quizais demasiados para que fiquen “en papel mollado” e digo ben, dado que o R.D. Lexislativo 1/2013 de 29 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Xeral dos Dereitos das Persoas con Discapacidade e da súa inclusión social, tiña que estar cumprido ao 100 % o 03-12-2017.

Mirade, na Galiza tivemos e temos dende 1997 ata 2014,1 dúas Leis de Accesibilidade, e isto é escribir sobre medidas e normas feitas de antes, dado que non hai nada novo sobre elas, porque polo mero feito de que unha lei non se cumpra, non é cuestión para resolver o problema e redactar outra lei, porque os aspectos das leis non cambia para nada, o grao de inclinación dunha rampla sigue sendo a mesma, ou a anchura das portas, por  non dicir o ancho das liñas de estacionamento dos coches para persoas con mobilidade reducida; todas estas medidas están normalizadas.

Mirade, na miña contorna temos ao Concello de Outes, que dentro dos seus orzamentos anuais destina CERO EUROS a eliminar barreiras arquitectónicas cando a lexislación di o contrario neste tema:

“Los ayuntamientos deberán prever planes municipales de actuación, al objeto de adaptar las vías públicas, parques y jardines, a las normas aprobadas con carácter general, viniendo obligados a destinar un porcentaje de su presupuesto a dichos fines.”2

E a expresión de “obligados” vai por tódolos concellos sen ningunha excepción a destinar unha porcentaxe do seu orzamento municipal para este fin.

E tamén temos no Concello de Noia o edificio da Casa de Cultura “Avilés de Taramancos” onde a súa accesibilidade deixa moito que desexar, cando hai unha norma que di o seguinte:

“Las administraciones públicas habilitarán en sus presupuestos las consignaciones necesarias para la financiación de las adaptaciones en los inmuebles que de ellos dependan.”3

E un lee estas normas, e despois de ollar a realidade atopa todo o contrario, e iso que a propia Constitución española dentro dos seus artigos di o contrario, como é o artigo 44-1:

“Los poderes públicos promoverán y tutelarán el acceso a la cultura, a la que todos tienen derecho.” e isto vai tamén polas persoas que temos unha discapacidade, e a expresión de “todos tienen derecho” non distingue se ten discapacidade ou non a ten; entón pregunto eu, Porqué o edificio da Casa da Cultura de Noia, non é accesible??

E para rematar tan só direi unha cousa: a falta de accesibilidade normalizada vai contra a propia Constitución española, dado que un dos seus artigos di o seguinte, en especial ao artigo 9-2:

“Corresponde a los poderes públicos promover las condiciones para que la libertad y la igualdad del individuo y de los grupos en que se integra sean reales y efectivas; remover los obstáculos que impidan o dificulten su plenitud y facilitar la participación de todos los ciudadanos en la vida política, económica, cultural y social.”

Pois temos que “remover los obstáculos que impidan” para facer un mundo accesible para todos, incluídos tamén as persoas con discapacidade.

Finis coronat opus…..

 

Notas

  1. A lei da que me refiro é a Lei 8/1997 , do 20 de agosto, de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 29-08-1997) e a outra lei que é a Lei 10/2014 do 3 de decembro de accesibilidade (DOG do 17-12-2014) (esta lei aínda non se desenvolveu).
  2. Artigo 34-4 do R.D. Lexislativo 1/2013 de 29 de novembro, polo que apróbase o Texto Refundido da Lei Xeral dos Dereitos das Persoas con Discapacidade e a súa Inclusión Social (BOE. 03-12-2013).
  3. Artigo 34-1 do R.D. Lexislativo 1/2013 de 29 de novembro, polo que apróbase o Texto Refundido da Lei Xeral dos Dereitos das Persoas con Discapacidade e a súa Inclusión Social (BOE. 03-12-2013).

Publicidade

Acerca de Vicente Abelleira Cambeiro