Esquerdas e cooperación política

O conxunto da esquerda defínese como anticapitalista (¿?) Toca neste intre subverter o modo de produción capitalista e as relacións sociais existentes, e instaurar unha alternativa socialista á actual forma de producir os bens materiais e como distribuílos? Como… de que xeito? Temos a forza necesaria para transformar o sistema? Temos a adecuación do corpo teórico/ideolóxico na lei do valor das mercadorías, papel dos estados…etc.? É a mesma realidade ou un mundo distinto o derradeiro século e o XXI?

Poden coexistir, implementarse, e cooperar en propostas as estratexias da esquerda?

Poden coexistir, implementarse, e cooperar en propostas as estratexias da esquerda? A de influencia sindical, de defensa dos dereitos económicos, da regulación do mercado de traballo, dos sistemas de protección social, das inquedanzas e temores dos que non están no mercado de traballo e polo cal permanecen as veces invisibles, sen identidade, e desa outra esquerda vinculada a sectores da clase media, máis preocupada polo cámbeo climático, o desenvolvemento sostible, o comercio xusto, do consumo responsable, da radicalidade democrática, a cultura da paz… etc

Estas e outras máis, son as interrogantes que tense que facer a esquerda razoable, para despexar certas dúbidas. Xa que en política as estratexias e os tempos son importantes, “ter razón antes de tempo, pode ser unha equivocación”.

O que toca na esquerda é despregar unhas políticas para incidir na superestrutura política, e incorporar o suxeito social para o cambio

Segundo a miña opinión, agora o que toca na esquerda é despregar unhas políticas para incidir na superestrutura política, e incorporar o suxeito social para o cambio.

Debemos facer políticas para unha ampla maioría, e agregar sectores que sen ser de esquerdas teñen unha concepción progresista na búsqueda dun mellor vivir con dignidade do conxunto da sociedade.

Debemos facer políticas para unha ampla maioría, e agregar sectores que sen ser de esquerdas teñen unha concepción progresista

Realmente os líderes políticos de esquerda teñen unhas responsabilidades, non todas, pero algunhas moi importantes si, xa que… si non non estaríamos nesta de canto temos que facer…

A esquerda en xeral e en particular a de Galicia, está vaporizada en distintos espazos electorais enfrontados, non facendo caso da virtude e necesidade de confluír cando menos de coordinarse, para a procura dunha democracia económica social, verde e política na profundización da democracia da participación do cidadán, en contraposición do neoliberalismo e dos mercados que pretenden  a desregularización e tamén da perda de soberanía do cidadán nas decisións. É necesario que afianzamos as converxencias na cooperación nos marcos plurais, nas institucións, a pe de rúa, no debate cultural e da proposta política. Fuxindo dos nacionalismos xacobinos e étnicos. Un vínculo que permita preservar a unidade en canto ser respectuoso coa diversidade.

É hora de que os aparachiks, os egos persoais e demais, se desboten ou cando menos reflexionen nas prioridades do que a maioría social demanda, como se demostrou no movemento do 15M

É hora de que os aparachiks, os egos persoais e demais, se desboten ou cando menos reflexionen nas prioridades do que a maioría social demanda, como se demostrou no movemento do 15M e nas mobilizacións do 19 de xullo.

A renovación e a cooperación debe ser conducida por un debate intelectual importante e nun diálogo entre actores políticos nacionais.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.