A rexeneración democrática

Hoxe en día gran parte da cidadanía concorda que a nosa é unha democracia de baixa calidade, nomeadamente por mor da colonización das institucións públicas (mesmo o Tribunal Constitucional e o Consello Xeral do Poder Xudicial) pola burocracia do PP e do PSOE, que levan case monopolizando o noso sistema político e representativo dende primeiros dos anos 80 do século XX.

Esta burocratización e xerarquización dos principais partidos xerou graves eivas na calidade democrática, que foron xustamente denunciadas polos “anoxados” do 15-M . Velaí a consagración das candidaturas pechadas e bloqueadas, en beneficio dos xefes dos partidos e dos profesionais da política, evitando que a cidadanía poida priorizar en positivo as súas escollas ou refugar de determinados candidatos a medio do emprego das candidaturas abertas.

O candidato do PP non pode pedirlle aos cidadáns que confíen na súa xestión, verdadeiramente cativa no eido dos proxectos empresariais, como amosan a liquidación de feito do IGAPE ou o fracaso do concurso eólico

Mais a rexeneración democrática (chamada por outros “radicalidade democrática”) require doutras medidas, como a limitación a un máximo de dous períodos dos mandatos dos deputados e concelleiros, para evitarmos a profesionalización da actividade política e favorecermos a rotación dos nosos representantes. E, tamén, da xeralización das consultas cidadás e referendos, mesmo do referendo revogatorio á metade da lexislatura, para evitarmos limitar a democracia ao exercicio do voto cada catro anos.

Os partidos haberían comprometerse coas chamadas “candidaturas brancas”, compostas por persoas que non estean condenadas ou imputadas penalmente. E os seus candidatos haberían comprometerse a dimitir se resultar imputados, sen prexuízo do dereito de todos á presunción de inocencia e da necesaria reforma da lei procesual penal para evitar a “pena de banco”, modificando o réxime xurídico da imputación ao xeito USA ou portugués para que aquela se fixer cando os indicios incriminatorios foran xa de certa dimensión.

O candidato do PP non pode pedirlle aos cidadáns que confíen  na súa xestión, verdadeiramente cativa no eido dos proxectos empresariais, como amosan a liquidación de feito do IGAPE ou o fracaso do concurso eólico

Pois ben, os programas electorais do PP, PSOE e BNG omiten estas propostas, reflectindo outra das razóns da súa tendencia inexorábel á baixa e da emerxencia doutras forzas que lle outorgan á rexeneración democrática a importancia que xa lle dá a cidadanía deste país.

 

O affaire Pemex

Se é certo que Feijóo ten amarrada a Pemex non lle custará amosar os documentos que o proban. Mais o candidato do PP non pode pedirlle aos cidadáns que confíen  na súa xestión, verdadeiramente cativa no eido dos proxectos empresariais, como amosan a liquidación de feito do IGAPE ou o fracaso do concurso eólico.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.