Manifesto das palabras

As sondaxes máis audaces afirman que os seres humanos levamos empregando a lingua falada como artífice da comunicación uns cantos milleiros de anos, o cal non deixa de proporcionar certa vertixe que me obriga a esgotar o prólogo deste artigo na difusa pretensión de subliñar que os primeiros vocábulos levan na nosa parcela filoxenética menos tempo que o binomio históricamente irresoluble: o singular / o colectivo. Dito doutro xeito, a fala é a irmá menor da busca emocional dunha praza no territorio intermedio onde cada un respira e se socializa.

Dende a configuración do espazo lingüístico dos primeiros gruñidos ata a célebre frase de Wittgenstein: “os límites da miña linguaxe son os límites do meu mundo”, transcorreu una cronoloxía de conflitos violentos. Na medida do planeta ollamos atentados que devastaron historias e xeografías, acosos inhumanos, ásperos problemas sociais, económicos, ecolóxicos, humanitarios.

Non poucas veces nos desvelamos axitados por advertencias alarmantes que agravaron a nosa consciencia de fraxilidade e conduciron a ampararnos na crenza de que actual e brutal son anverso e reverso da nosa moeda de ouro nos bordeis. Nada sentimental!

E neste punto, no bazar de incertidumes atrévome a pensar que hai una ambición distinta: reunir a sucesión encadeada de fragmentos que conforman as palabras para, latexo a latexo, construir un horizonte de diálogo. Un diálogo mediante o cal o ser humano poida apañar o impulso de vivir sen os desastres deliberadamente anunciados.

E mirarse, e mirar os contornos, e construir textos substantivados que aúnen a posibilidade de paz e a mirada que a esperta.

A manifestación da palabra é necesaria no caso da humanización porque nos axuda a interpretar a ese ser interior que avanza, tropeza, cae, avanza, e, una vez que emerxe, é capaz de elixir entre as diferentes gramáticas para, de vez, mirar o mundo. Segundo o entusiasmo da mirada, a soidade e a catástrofe deixarían de adxectivarse como ineludibles.

Xoguemos, entón, cos silabarios. Sigamos as canles das linguas herdadas no intento de crear novos conceptos.

Tal e como están as mensaxes que nos abordan, ou isto, ou the economy, stupid. As fábulas non poden acabar así. Palabra!

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.