Sen manobras de distracción

As eleccións ao parlamento galego do pasado 21-O tiveron como resultado máis destacable o desplome do Partido Popular cunha perda de máis de 200.000 votantes a respecto do ano 2009. Esta perda tivo o seu lado bo, para o Partido Popular, pola perda de máis de 250.000 voto do PSdeG e de 100.000 do BNG. So AGE foi quen de recuperar para a causa electoral a 200.000 deses desencantados. Quedaron na súa casa 350.000 galegos.

Na pasada folga xeral, na cidade olivica movéronse polas rúas máis de 125.000 veciños, una cifra importante si temos en conta que hai un mes acudiron ás urnas 145.000 votantes

Na pasada folga xeral, na cidade olivica movéronse polas rúas máis de 125.000 veciños, una cifra importante si temos en conta que hai un mes acudiron ás urnas 145.000 votantes, dos que 45.000 elixiron a papeleta do Partido Popular. Isto quere dicir que, incluso sen que tivera lugar a nova investidura de Núñez Feijóo, o cabreo contra as políticas de recortes do Goberno central e incluso a certeza de que o que se promete en campaña é una milonga, léase caso Pemex que pasa de afirmar que hai contratos asinados a que eses contratos son participacións nunha lotaría que decidirá a petroleira mexicana, o goberno galego sofre xa un certo desgaste.

O Goberno central foi quen de tapar as súas miserias detrás das campañas electorais galegas e vascas, e seguramente poderá disimular os feitos unha semana máis alarmando á cidadanía sobre o secesionismo catalán. Ata o de agora, so a vergoña dos desafiuzamentos foron quen de rachar unha axenda mediática, coa colaboración dos medios de comunicación afíns, o que se ven en chamar a dereita mediática, na que so se fala de mitins máis pouco o nada de recortes, de cifras do desemprego ou dunha prima de risco que durante este mes non baixa dos 450 puntos.

En decembro haberá orzamentos de Galicia, seguiremos cos recortes a nivel xeral, a prima de risco oscilante en función dos famosos “mercados” e xa non haberá escusas nin manobras de distracción. Nese momento, con dous anos por diante ata as seguintes eleccións, que coincidirán co mes de maio de 2015, o goberno do Estado e o goberno de Galicia terán diante de si a realidade cru que supón ter que afrontar seis millóns de desempregados, catro millóns deles sen prestación algunha. Xa non valerán as escusas das herdanzas recibidas nin o males ocasionados polos gobernos bipartitos.

Con dous anos por diante ata as seguintes eleccións, que coincidirán co mes de maio de 2015, o goberno do Estado e o goberno de Galicia terán diante de si a realidade cru que supón ter que afrontar seis millóns de desempregados, catro millóns deles sen prestación algunha

Se no seu primeiro ano de goberno Mariano Rajoy perdeu cerca de dez puntos en intención de voto e conseguiu ser o presidente peor valorado despois do seu primeiro ano de mandato; se Feijóo, exemplo mediático para a dereita española, conseguiu perder coa súa política de austeridade o 25% do seu electorado en catro anos, só queda que a oposición proxecte una alternativa viable de goberno e anime os que saen e sairán ás rúas estes días a acudir ás urnas nos seguintes comicios. Da intelixencia das forzas con representación parlamentaria depende reformular os seus proxectos, e das forzas extraparlamentarias facer una lectura axeitada da situación e do que está a demandar a sociedade.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.