O SPAM é lixo, os Dereitos Humanos non o son

As palabras padecen epidemias, ás veces como ideas infectadas. A linguaxe é o que ten ao posicionarnos ante ao mundo e as sociedades diferenciándonos dos outros animais ou pedras, ao ser elástico e poder outorgarlle a expresións e conceptos, significados variantes segundo o momento ou quen as reproduza. A complexidade tan emerxida na sociedade da información-para-o-consumo (de velocidade infinita).

Os Dereitos Humanos e o Dereito Internacional foron convertidos nunha idea lixo (ou simplemente descoñecida), para a gran maioría da poboación galega, europea ou mundial

O paso do tempo e a xénese do nacemento desas ideas, ás veces difumínase cos pasos adiante da Historia, non lembramos o que pasou antonte e só queremos saber do que pasará mañá. Non pode haber mellor exemplo destes virus que o acontecido coa expresión, idea, xénero literario ou realidade xurídica dos Dereitos Humanos e o Dereito Internacional, actualmente convertidos nunha idea lixo (ou simplemente descoñecida), para a gran maioría da poboación galega, europea ou mundial: unha idea para inocentes cidadáns, parte central do tabú do politicamente correcto.

Un acordo cristalizado traumaticamente coas ruínas da Segunda Guerra Mundial en corenta anos de historia europea, que quería estrear unha nova gobernanza mundial que prohibía a guerra e que comprendía a irreversibilidade (e esta si) da resolución colectiva de conflitos á que obrigaban os dramas acabados de vivir.

En crise permanente desde o seu propio nacemento formal coa Carta fundacional das Nacións Unidas e a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, parece que non foi nunca seria a asunción dos seus preceptos por parte dos poderes máis sólidos do planeta, quizais construídos nas mesmas guerras e reconstrucións que obrigaron a esta reflexión e asunción de dereitos universais: o complexo militar-industrial.

Non foi nunca seria a asunción dos seus preceptos por parte dos poderes máis sólidos do planeta, quizais construídos nas mesmas guerras e reconstrucións que obrigaron a esta reflexión e asunción de dereitos universais: o complexo militar-industrial

Débese lembrar que o proceso de cristalización dos Dereitos Humanos, máis alá das polémicas (moitas delas con sentido) sobre os relativismos culturais ou o peso do eurocentrismo foi un acordo de mínimos, tras miles de horas e actas de discusións sobre ese punto común ao respecto da dignidade humana e das persoas, nas que participaron e se corresponsabilizaron xentes de cores e relixións enfrontadas inevitablemente, por ese avanzar da historia que por séculos diferenciou entre descubertos e descubridores, e que aínda hoxe marca os ritmos da realidade  humana global de maneira determinante, comezando polo dereito á alimentación ou a auga.

Pese á gravidade das situacións, parece que ningún decisor poder cre na necesidade de solucións compartidas de carácter universal, nin na metodoloxía de resolución de conflitos para a igualdade de condicións que presenta o proceso.

Pese á gravidade das situacións, parece que ningún decisor poder cre na necesidade de solucións compartidas de carácter universal, nin na metodoloxía de resolución de conflitos para a igualdade de condicións que presenta o proceso

Non hai máis que ver o que sucede hoxe mesmo e nos últimos corenta anos en Palestina, as fames negras sistemáticas en África ou as últimas Cimeiras sobre medioambiente cos polos desaparecendo. Por non falar dos abusos do sistema económico e financeiro mundial que hoxe padecemos aquí tamén, cun repunte abrupto da pobreza e desesperación colectiva.

Maltratados en telemaratóns e caricaturizados en discursos grandilocuentes sen contido real entre as máis altas esferas da sociedade política ou dos negocios internacionais, os DDHH son realmente hoxe tratados como lixo.

Defendelos, reivindicar que non o son, non implica unha idealización inxenua das diferentes dimensións da idea, mais encadra a necesaria reposición que debe ocupar entre nós mesmos a defensa universal de reflexionar en colectivo desde a inevitable transición enerxética mundial, ou o dereito a defender a nosa acción exterior como galeg@s, até o trato que se lle dá a unha presa en calquera recuncho do mundo.

Encadra a necesaria reposición que debe ocupar entre nós mesmos a defensa universal de reflexionar en colectivo desde a inevitable transición enerxética mundial, ou o dereito a defender a nosa acción exterior como galeg@s

No 1998, Carlos Casares acompañaba os primeiros pasos do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, como rede de institucións e persoas, que desde o seu modelo estatutario en defensa dos Dereitos Humanos e denuncia das  inxustizas da orde económica mundial, redactou un Bando para os Concellos que comezaban a asociarse hai agora 15 anos á asociación promovida polo Igadi, e que segue hoxe máis vixente ca nunca.

Este venres 30 de novembro en Santiago de Compostela, nas VII Xornadas de cooperación do Fondo Galego seguiremos insistindo. Convidado o país enteiro.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.