A corrupción

Un dos grandes problemas que padecemos é a corrupción. En xeral bótaselle a culpa desta situación á clase política, e non se pode dicir que non a teña, aínda que sería moito menor si non houbera xente, que se di non política, disposta a corromper eses políticos. Tamén hai que distinguir entre clase política, na que intencionadamente se inclúen tódolos políticos, cando a inmensa maioría son honrados, e os aparatos partidistas que viven exclusivamente da política, facéndonos ver que non saben facer outra cousa. Eses políticos profesionais, instalados fundamentalmente nos dous grandes partidos, están conchabados cos poderes fácticos e son os culpábeis de non poñer en marcha medidas que evitarían en gran parte esta problemática.

Hai que distinguir entre clase política, na que intencionadamente se inclúen tódolos políticos, cando a inmensa maioría son honrados, e os aparatos partidistas que viven exclusivamente da política, facéndonos ver que non saben facer outra cousa

Medidas que se poderían adoptar: Limitación do tempo dos mandatos, oito anos sería tempo dabondo para calquera cargo público, moitos pensamos que o poder corrompe, e polo menos evitaríase aprender malas mañas. Tamén os cargos orgánicos nos partidos deberían ter esa limitación, a política non debe ser unha profesión, despois dun período, os políticos teñen que volver a vida real. Un exemplo é o Señor Bárcenas, que levaba 28 anos en cargos do PP. Listas abertas, para que a cidadanía elixa, e non os aparatos citados anteriormente. Os cargos públicos importantes terían que ser elixidos en primarias. Unha persoa, un cargo, non pode ser que unha persoa teña dous cargos, pois é imposible que faga ben os dous. Transparencia total das contas dos partidos e que os inspectores de facenda podan comprobar en calquera intre esas contas. E por último, que os imputados por casos de corrupción deixen inmediatamente os seus postos temporalmente ata que se faga o xuízo. Para elo hai tamén que esixir prazos curtos á xustiza para resolver eses feitos, e castigar duramente os xuíces corruptos. Isto demostraría que os políticos non se apegan ó cargo.

Os cargos públicos importantes terían que ser elixidos en primarias. Unha persoa, un cargo, non pode ser que unha persoa teña dous cargos, pois é imposible que faga ben os dous. Transparencia total das contas dos partidos

Estas medidas farían que mellorase tamén a democracia, polo que se a cidadanía non se rebela, - e pode facelo, entre outros métodos, votando a aqueles partidos que leven medidas concretas, como as citadas anteriormente, nos seus programas-, o probable é que eses aparatos de políticos profesionais continúen mantendo o poder real e o problema da corrupción continúe.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.