Avatares dunha comarca, avatares do naval ferrolán

Astano e a Bazán converten a comarca do Ferrol no referente industrial en Galicia; pero dende 1982 até agora estase a enfrontar a numerosos problemas, debido ao declinar do sector naval, e o traslado da Flota a Rota. Todo comenza coa primeira reconversión (1984). Había que pechar Astano, sen basearse en criterios técnicos. Foi a administración socialista a que deu o pistoletazo para levar ao abismo a comarca de Ferrolterra. Foron moitas as promesas de reindustrialización da comarca, dedicáronse inxentes cantidades de diñeiro público a empresarios para que instalaran as súas empresas. Para iso valéronse de organismos públicos: Fondos de Promoción de emprego, Zona de Urxente Reindustrialización, Zona Industrial en Declive e agora o Plan Ferrol.

Foron moi poucas as empresas novas que se instalaron nesta terra e das que se asentaron a maioría xa non existen, outras tiñan concesións de parcelas e tiveron a súa imaxe corporativa encravada

Foron moi poucas as empresas novas que se instalaron nesta terra e das que se asentaron a maioría xa non existen, outras tiñan concesións de parcelas e tiveron a súa imaxe corporativa enclavada. Lembrémonos da conserveira do Cisne, desaparecida, ou da que se publicitou a esgallo como a fabrica italiana do vidro, a Sociedad Italiana do Vidrio (SIV), que nunca chegou a funcionar.

A alternancia das administracións socialistas e populares, o único que nos levaron foi a unha depresión económica e poboacional. Intercambiándose o papel de policía bo e policía malo, segundo tocaran poder

A resposta, con grandes movilizacións, foi quen de atrasar o que dalgún xeito eran as pretensións iniciais de peche do asteleiro Astano. A alternancia das administracións socialistas e populares, o único que nos levaron foi a unha depresión económica e poboacional. Intercambiándose o papel de policía bo e policía malo, segundo tocaran poder. Agora a culpa é da Comunidade Europea, manda carallo!!!   

Loxicamente os ferroláns son escépticos neste intre coas promesas, queren feitos. Os feitos teñen que ser políticos para o relanzamento da comarca. O sector naval é o motor da economía, xa que a acreditación de coñecemento tecnolóxico e capacidades produtivas e competitivas de Navantia son referencia a nivel nacional e internacional.

E imprescindible levantar o veto a construción civil no naval e dotar de carga de traballo para o emprego e a economía da comarca de Ferrolterra. No ano 2010 Navantia xerou o 3,5% do emprego de toda a provincia da Coruña e a súa produción foi o 3% do PIB.

E imprescindible levantar o veto a construción civil no naval e dotar de carga de traballo para o emprego e a economía da comarca de Ferrolterra

Para Ferrol, a decisión dos gobernos Central e da Xunta de non acometer a construción do dique flotante, de non ter consignado nos orzamentos para posibilitalo, demostran o que dalgún xeito os representantes dos traballadores prevían e anunciaban de falta de compromiso político do PP con esta comarca.

Quedan máis promesas, algunha no caixón do esquecemento como a VI fragata, e a de PEMEX. Foi de risa a cascada de noticias: que si a empresa matriz non sabía nada, que no seu consello de administración non se falara do tema da adxudicación a Navantia, que aínda que outros asteleiros concursaran, a adxudicación dos floteis serían para os asteleiros  de Vigo e Ferrol, que si estaba bloqueado e tivo que desbloquealo o ministro García –Margallo. Ante a nosa incredulidade sacan a noticia de que se poden chegar a construír moitos máis floteis xa que hai en carteira 25. Bueno, bueno…!!!

Esta situación lévanos outra vez a mobilizarnos na defensa do naval público, o emprego e a economía da zona o día 24 de febreiro. Alí estaremos

Mentres o paro segue en aumento constante en Ferrolterra co 28% de desemprego. Se seguen a incumprir as súas promesas levarán a Ferrolterra ao abismo, non só a unha empresa senón a todos os sectores produtivos e de servizos.

Esta situación lévanos outra vez a mobilizarnos na defensa do naval público, o emprego e a economía da zona o día 24 de febreiro. Alí estaremos.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.