Política Alternativa: Ecosocialismo

Fágome da opinión que as dúas fontes onde xorde a riqueza son a terra e o traballador. Tal e como di Marx na súa obra O Capital “é necesario o tratamento conscientemente da terra como eterna propiedade comunitaria e como condición inalienábel da existencia e da reprodución da cadea de xeracións humanas sucesivas”

Fágome da opinión que as dúas fontes onde xorde a riqueza son a terra e o traballador

Pero tamén algúns marxistas do século XXI din que o desenvolvemento das forzas produtivas nun contexto socialista poderían desenvolverse infinitamente (de acordo con Manuel Sacristán é “unha visión tradicional da ciencia como forza produtiva e inxenuamente progresista”), produción por produción. Entendo que non hai bondade nese desenvolvemento, temos a suficiente experiencia de que o hiperprodutivismo trae como consecuencia contradicións que tampouco foron de respectar o marco ecolóxico no mundo do socialismo real.

Na teoría económica do socialismo non esixe un crecemento económico ilimitado. As condicións de traballo teñen que deixar de ser unha mercancía

Deuse unha visión utilitarista que considerou o medio ambiente como unha reserva  ilimitada de recursos por un lado, e como depósito de lixo por outro, ao igual que no mundo capitalista baseado na mercantilización do todo, no individualismo e na competencia. Non hai crecemento infinito posíbel nun planeta finito. 

Pero a vez, na teoría económica do socialismo non esixe un crecemento económico ilimitado. As condicións de traballo teñen que deixar de ser unha mercancía. Sendo por iso que o concepto do valor de uso ten que estar por riba do valor de cambio. Orientando a economía á satisfacción das necesidades humanas e non acumulación do capital (cada un, traballe segundo as súas posibilidades e consoma e goce segundo as súas necesidades), situando o conxunto do ecosistema como centro do debate. Procura do equilibrio e a sustentabilidade do modo de produción e organización social. Si ben decrecemento non é sinónimo de recorte económico, engadir que non todo se pode medir con índices de PIB, haino que facer tamén como medidas de saúde poboacional e da mellora das condicións de vida.

O Ecosocialismo é alternativo, porque parte da súa saída do sistema en moitas das ocasións, plantexando todo tipo de autoxestión (cooperativas) e participación democrática dos traballadores e cidadanía nas empresas, como na participación en movementos alternativos e indignados, sen renunciar a transformación democrática,…por un Estado social.

Fronte á competencia e a cultura do emprendedor baseada no darwinismo social e económico, defende o ben común xestionando as riquezas comúns con eficiencia e suficiencia, máis aló das esixencias de rendibilidade. Non entendo un sistema de sobrecrecemento, o consumir por consumir fora de toda necesidade razoable, e este sobrecrecemento estrélase co carácter finito dos recursos da biosfera.

Fronte á competencia e a cultura do emprendedor baseada no darwinismo social e económico, defende o ben común xestionando as riquezas comúns con eficiencia e suficiencia, máis aló das esixencias de rendibilidade

O Ecosocialismo estase abrindo camiño como un pensamento global, xa que a cuestión política é de se a natureza do socialismo é facer o mesmo que o capitalismo, aínda que mellor, ou consiste en vivir doutro xeito. Nós partimos dun pensamento revolucionario coa inclusión da problemática ecoloxista, pero sen estar illados da loita social. Galicia non pode estar ao marxe desa corrente global, de aí a necesidade de construír o Espazo Ecosocialista Galego, inserido na rede de Espazo Plural (ecosocialistas do Estado) e tamén no proxecto de cambio que representa Alternativa Galega de Esquerda.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.