Soberanismo e novo galeguismo deste século

Son comezos… O novo galeguismo deste século, aberto ao conxunto da cidadanía,  súas expresións plurais de avance, progreso, soberanista… ábrese paso, na crise de ese nacionalismo pechado, xa rancio, tamén monopolista no pensamento. Este novo galeguismo é unha herdanza que vén de Castelao, Otero Pedrayo, López Cuevillas, Celso Emilio Ferreiro, Ramón Piñeiro, Isaac Díaz Pardo, entre outros. Un galeguismo que non só se activa no romanticismo da querenza a esta terra pola defensa da súa singularidade, psicolóxica, sociolóxica,  no ámbito cultural, etc ….

Hoxe o novo galeguismo está a entroncar cos latexos da ampla maioría na súas reivindicacións cotiás para vehicular esas inquedanzas no político. Unha sociedade ten un maior desenvolvemento económico en función da súa capacidade produtiva na creación de bens materiais e como se reparten, coa conseguinte conciencia nacional.

Coa xenerosidade de saber quen somos, e saber que neste mundo non estamos só, que temos un acompañante: a sociedade civil, o cidadán na pluralidade

Coa xenerosidade de saber quen somos, e saber que neste mundo non estamos só, que temos un acompañante: a sociedade civil, o cidadán na pluralidade. O galeguismo neste tempo ten que ser conscientemente o eixo da modernidade e creatividade, o movemento que reflicte un país aberto con outros, con lazos de irmandade e igualdade. Conectados en España, sabedores que se ten que abrir un novo proceso constituínte que contemple o sentido republicano dos cidadáns e das cidadás nunha realidade multinacional.

Unha conciencia nacional aberta nun país con cidadáns cosmopolitas e soberanos

O galeguismo do século XXI abrangue como noutros intres da súa historia a xustiza social, pero engade os sentires de hoxe, transversalidade e cooperativismo político de onde o “cidadán sexa e exerza a soberanía” nos dereitos individuais e nacionais, e sabedores que temos un planeta con recursos limitados, cambios climáticos, biodiversidade ameazada, etc… Un mundo globalizado que estamos a sufrir, igualmente que noutras latitudes, pola acumulación do capital no 1% da poboación mundial, namentres o resto, as terceiras cuartas partes do mundo viven na miseria. En definitiva, unha conciencia nacional aberta nun país con cidadáns cosmopolitas e soberanos.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.