A inmigración galega en Euskal Herria

Euskal Herria, inicialmente Biscaia, encetou un intenso proceso de industrialización na segunda metade do século XIX, converténdose, polo tanto, nun importante foco de atracción de poboación. Necesitaba abundante man de obra, sobre todo, na explotación mineira e nas fundicións, que procedería, nun principio dos territorios circundantes, e máis tarde de zonas máis alonxadas.

Na historia da inmigración galega no País Vasco podemos distinguir catro etapas.

A primeira vaga de galegos, que enfeitizaron o ar vasco co seu melódico acento característico e a súa maleta mental cargada de saudade, produciuse a finais do século XIX e comezos do XX. Proviñan fundamentalmente do interior do país fisterral, das provincias de A Coruña e Lugo, de lugares situadas nas inmediacións del ferrocarril, o principal medio de transporte naquel tempo. Tiñan unha cualificación media e baixa: carpinteiros, ferreiros, albaneis,  peóns, un nivel cultural semellante e unha conciencia social e política tímida e resignada, que non proía un xebre impulso reivindicativo. Localizáronse na marxe esquerda da Ría de Bilbao e traballaron arreo nas minas, nas fábricase na construción. A súa tendencia ao asociacionismo, así acontecera en Cuba, Arxentina ou Uruguai, induciulles a fundar Casas ou Centros Galegos, que funcionaban como entidades de mutualismo e socorro benéfico, ademais de cumprir a relevante faceta de sociabilidade de cara aos compatriotas e de agarimo fronte aos estraños. Deste xeito xurdiu o primeiro Centro Galego en Barakaldo, creado en 1901, o primeiro de Europa e do Estado español e o segundo do mundo.

A seguinte onda masiva tivo lugar arredor dos anos 1920-30 e a súa procedencia e asentamento foron ben distintos. Proviñan de pobos moi concretos da costa galega: Santa Uxía de Ribeira, Corme, Corrubedo, Porto do Son, Poio e o seu lugar de pousada foi Pasaia. Crearon un barrio, Trintxerpe, coñecido como a quinta provincia galega, citada por Castelao na súa famosa obra “Sempre en Galiza”, verdadeira biblia do galeguismo. Posuían unhas características moi definidas. Eran mariñeiros e pescadores, domiciliáronse tamén na costa vasca e chegaron moitos deles co dunha folga dos autóctonos, polo que foron tachados de esquirois. Forneceron de man de obra, sobre todo aos bacallaeiros da PYSBE, unha potente empresa pesqueira, fundada por esas datas. Predominaba entre eles a ideoloxía político-social de signo anarquista. As súas relacións cos sindicatos e grupos nacionalistas foi conflitiva até a Guerra Civil do 36, principalmente durante a II República, con enfrontamentos sanguentos coas forzas de orden e numerosas folgas. Durante a Guerra Civil tiveron un notorio protagonismo na defensa de Donostia fronte aos militares, na toma dos cuarteis de Loiola, a carón de San Sebastián, na defensa de Irún e na fronte de Oiartzun.  Integráronse nos diferentes batallóns do Euzko Gudarostea ou exército vasco, como o Bakunin, Larrañaga e outros e crearon un específico para loitar en Biscaia, o “Batallón Celta de Milicias Antifascistas Gallegas”, con uns 500 compoñentes e con sede no Colexio dos Salesianos de Barakaldo. As tensións e actuacións reivindicativas neste período foron ben  estudadas por Barruso Barés na súa tese de doutoramento e polos historiadores Dionisio Pereira e Serxio Balchada.  Dous nenos de Corme, os irmáns Mantiñán, Franciso e Carme, morreron a causa do bombardeo de Gernika e unha nena de Poboa do Caramiñal, Mari Carme Sanlés Fontán, por  mor doutro bombardeo en Santurtzi, na primavera de 1937.

A terceira onda inmigratoria acudiu a regar co seu suor as terras éuscaras con motivo da segunda industrialización dos anos 1950-1970. Estaba dotada de un gran policromatismo tanto na procedencia como no asentamento. Proviñan de moi diversos lugares de Galicia e radicáronse en distintas bisbarras vascas: vales do interior guipuscoano, zonas costeiras, Vitoria-Gasteiz e áreas industriais de Biscaia, Álava, Iruñea-Pamplona etc.. Nesta época  configurouse o mapa definitivo, polo de agora, da inmigración galega en Euskal Herria e da la rede de Centros, Casas e Asociacións. As actualmente existentes localízanse, coa data de fundación, en: Barakaldo (1901), Bilbao (1926), Donostia (1931), Iruñea-Pamplona (1951), Sestao (1952), Vitoria-Gasteiz (1955), Ondarroa (1968), Ermua (1968), Laudio (1969). Zarauz (1978) Eibar (1984), Pasaia (Fato cultural Daniel Castelao, 1977) e a Asociación Galizaleak, de recente creación, en Bilbao.

Xeralmente, agás moi poucas excepcións, a inmigración galega era de media e baixa cualificación. Non suscitou destacados problemas de rexeitamento, de conflitividade e de adaptación, salvo o caso temporal xa citado de Trintxerpe, e acostuma a catalogarse polos sociólogos de “inmigración amable”, termo acuñado polo xa finado Ruiz Olabuénaga. A cantidade máxima de inmigrantes galegos situouse cara 1970, nuns 75.000 galegos, que se foi reducindo paulatinamente deica acadar os case 42.000 actuais, aínda que o galego é probablemente o terceiro idioma máis falado en Euskadi Sur. A galega é unha comunidade razoablemente integrada, os de segunda e terceira xeración xa en plenitude, e incluso podería denominarse “criollismo” a imbricación existente nalgunhas  bisbarras de Esukadi,  en frase do antropólogo Iñaki Homobono. As vinculacións e excelentes relaciones entre vascos e galegos frutificaron na erección de monumentos materiais e inmateriais a personalidades e referentes simbólicos que embelecen o xa de por si luxurioso verdor do manto vasco: placa e rúa a Castelao en Trintxerpe (Pasaia), monumentos ao mesmo en Intxaurrondo (Donostia), Eibar e Barakaldo; a Rosalía de Castro en Barakaldo, ao poeta Manuel María en Laudio; placas aos poetas Gabriel Aresti e Ramón Cabanillas (Barakaldo); placa a Concha Murguía, sogra de Rosalía de Castro e nai de Manuel M. Murguía, en Oiartzun; cruceiros no monte Arraitz, Intxaurrondo e Laudio; celebración del Día de Galiza en Euskadi, homenaxes a Concha Murguía en Oiartzun  etc.

A coarta onda, a destes últimos anos, é sensiblemente menos numerosa e con conta gotas, con alta avaliación profesional e tamén elevado nivel de integración, como o demostra a importante porcentaxe da aprendizaxe e uso da lingua éuscara. A asociación Galizaleak podería ser un perfecto e extensible exemplo dos trazos máis significativos desta inmigración.

Para unha panorámica desapaixonada, denunciadora, non folclórica e realista, integradora, con afán de pasarela intercultural e con doses de lirismo, é recomendable a visión do documental titulado “Sitio Distinto”, de Davide Cabaleiro, emigrante de esta última xeración. Froito dun intenso e un ardua labor de investigación conseguiu reconstruír a epopea da inmigración galega en Euskal Herria. Con logros técnicos de fermosa feitura, unha gran variedade lingüística, ideolóxica e social, dende una perspectiva dual, pero non antagónica, senón complementaria e integradora, buscando pontes entre emigrante e receptor, acadou imprimir ao seu traballo o sello dun principio paradigmático: “O emigrante ten o dereito á diferencia, pero tamén o deber da semellanza”.  Moi ben expresa este axioma  nun curto poema o  grande bertsolari, Xabier Amuritza:

“Galizan sustraiak
Adarrak Euskadin
zuhaitz bikainagorik
ez ziteken egin”
/“En Galiza as raíces,
as pólas en Euskadi;
árbore mellor
non pode medrar”)

Un extraordinario poeta vasco, Gabriel Aresti, xebre amigo dos inmigrantes galegos e doutro grande da literatura galega, Manuel María, remitiulle a este en 1970 unhas coplas en defensa dos obreiros galegos de Biscaia. É saudable reler e reflexionar encol das ideas que destila este poema nun mundo onde se rexeita a diferencia, abonda a inhumanidade, déixanse morrer persoas no Mare Nostrum e de miseria no Terceiro Mundo.

  I
Otra vez a la boca, castellana
la palabra me llevo, para hablarte,
pueblo gallego, y para darte
de esta vez (¿la ves?) mi pobre tierra llana.

Cuídala con esmero, como hermana
mancillada en su honor, violada en arte
de meretriz impuesta; para honrarte
mírala bien. Que si mañana

has de volver a tu Galicia amada,
al “chan” feliz que alguna vez soñaste,
a tu patria feliz jamás soñada,

no te pueda decir avergonzada:
“en deshonor la tierra vasca hollaste;
en deshonor también me hallaste hollada”
  II
A menudo los veo, como encinas
desarraigadas de su “terra-nai”. ¿A
quién habrá más de parecerse un haya
errabunda del valle a las colinas?

Dime mi pueblo vasco, ¿tú que opinas?
Náufragos son en forastera playa.
¿Tal vez hogar le ofreció Vizcaya,
por esos altos hornos, hondas minas?

Ánades o cigüeñas son de paso,
no la hostiguéis al ave de ancho vuelo,
al ave de ancha pluma y ancho cielo.

Vendrán. ¿Se irán? ¿Se quedarán acaso?
No les neguéis un ápice de suelo
para tejer su nido en ningún caso.
  III
Mientras exista el pueblo habrá esperanza.
!Oh! Pueblo noble, obreros, campesinos
Poetas no, profetas, adivinos
te queremos fortuna y bienandanza.

Ola gigante son, que avanza, avanza,
Subido en ella, tú conmigo dinos,
Manuel María en versos dignos, finos,
cómo por ellos romperás tu lanza.

Abiertos a la espuma vela y remos,
por la paz de los pueblos, canta, escribe
la fe infalible que los dos creemos.

Este par de poetas muere y vive,
Gabriel Aresti en el alfoz de Uribe,
y allá, Manuel María, en Val de Lemos.

Manuel María contestoulle en versos a xeito de cantiga medieval, pero a colaboración faise moi alongada e deixarémolos para outra ocasión.

Publicidade

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.