Agora tócalles ás mulleres do cerco

Onte ferveron as redes durante o programa de Via V. As @MulleresdoCerco están xa en marcha para gañar unha guerra que vai ocasionar moitas bágoas ao Goberno de Feijóo. O seu Goberno non os quixo escoitar, ningunearon durante meses aos traballadores do Cerco e mesmo a Sra. Conselleira dedica parte do seu tempo a asistir a reunións e facer campaña contra Acerga para salvar o posto... bonito xeito de responsabilizarse do Sector! 

Cóntanme que a Conselleira, en cada unha das reunións que ten cos distintos sectores do mar,  continúa culpando a Acerga por non dicirlle que barcos teñen problemas... Claro, como o vai saber ela... Conselleira do Mar... cantos barcos teñen problemas e onde están os documentos dos barcos...? Pois si, o que ledes, así traballan os "máximos responsables" do Goberno galego. Este é o nivel.

E o Presidente do Goberno galego? Que fai o Presidente da Xunta de Galicia? Onde anda? Que di a toda esta incompetencia continua e manifesta do seu Gabinete?  (¿Donde está Alberto?, preguntaba a Sra. Ana Pastor cando se atopou cós armadores durante a campaña electoral) 

Nin sabe, nin contesta. De momento non hai resposta á petición de mais de 40 Concellos dunha xunta co que di ser o Presidente de todos os galeg@s... o mesmo Presidente que lles esixe aos armadores que fagan o que eles dende a Administración deben de facer. Para iso se lles vota (quen lles votou), para iso se lles elixiu (quen os elexiu), para iso se lles paga. 

Cada tramo de loita é un tramo gañado... na acampada gañouse moito, gañouse unión, gañouse forza, gañouse convencemento de que si non se sigue loitando, este Goberno continuará no seu sitio sen representar a Galicia. Agora tócalle ás mulleres, e as mulleres xa están en marcha, preparadas, moi ben preparadas. Esta guerra vaise gañar, SI ou SI. Por razón e por xustiza. Por un reparto xusto e lineal.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.