Carrancas e Tarabelos

Xosé Manuel Sarille

Xosé Manuel Sarille

Escritor e xornalista. E algo así como: Acaba de publicar o ensaio A Nova Presenza do BNG. Unha Visión Política e Dúas Achegas Estruturais.

  • Antivacinas

    O maniático lareta aparece sempre nos momentos críticos que producen os grandes andazos. Xa que os máis capacitados non atopan solución ao problema, e posto que o corpo social se debilita por esa causa, o lareta detecta a fraxilidade e arrógase capacidades dialécticas, científicas, curandeiras ou milagreiras, para cuestionar os saberes coñecidos e divulgar trapalladas salvíficas

  • Meu deus! Eu son un deles

    Alí estabamos os da miña idade. “Meu Deus! E eu son un deles”, canta máis desolado que nunca Léo Ferré en “Les vieux copains”, fixándose no seu desesperanzado arredor xeracional

  • Iolanda Díaz, tres vectores

    A visita da Iolanda Díaz ao Papa causou inquedanza nas dereitas. Aínda así o acontecemento apenas pasou da descrición frívola e inconsistente na maior parte dos medios. A lonxitude de onda ten que que ser obrigatoriamente maior

  • Ana Pontón quere a Executiva

    Crear conciencia e gobernar non sempre se acompasan. O Partido Galeguista foi un poderoso pau de palleiro. Mais, cal é agora o xerador de forza motriz, o motor que estimula a afirmación simbólica e a conciencia nacional?

  • Brasil non ten ningún premio nobel de literatura

    Jair Bolsonaro está intentando aniquilar a democracia no Brasil. Nos próximos meses poden consumarse a negación da intelixencia e o trunfo da brutalidade se este individuo interrompe o proceso electoral. Brasil é un país sen ningún Premio Nobel de Literatura. Creo que en Estocolmo fallan en outubro. Oxalá fose para Nélida Piñon, para ben da convivencia e da paz.

  • Un barrio con calor de leña

    Grazas á loita social e aos avances técnicos e científicos estamos aquí, nun lugar ben máis plácido que calquera do pasado. Isto non significa conformismo ningún, pois, parafraseando á santa, cada tempo ten a seus afáns. 

  • Vello imperio

    Só integrando Portugal no xogo de intereses e equidistancias da nación galega, como mínimo semellante ao existente cos demais territorios da Península, se pode saír da síndrome mental subalterna do centro peninsular

  • O poder catalán

    Cataluña podía estar perfectamente ensamblada na Europa do centro, compartindo os seus latidos. É un dos catro motores económicos, unha clasificación non demasiado categórica, pero importante. E no entanto non consegue soltar amarras deste atraso económico

  • Mecánicas divinas

    Battiato incorporouse ás bagaxes particulares de moita xente, pero fíxoo, isto non é dubidoso, a través de fragmentos poéticos e con ritmos amábeis, que facilmente se poden converter nunha monserga mental. Battiato busca, a través da súa arte, perforar o misterio. Talvez diso se trate. Nada que ver, por tanto, só con cousas bonitas e tal

  • Añoralxias e macanas da tradición

    O grupo Les Luthiers é un relampo de intelixencia e beleza, fascinante e irrepetíbel. Dos que produce Bos Aires cada certo tempo, cando de súpeto asoma o xenio e as miradas sagaces están obrigadas a fitar para alí case instintivamente, sen podelo evitar. Bos Aires fai iso ás veces, marabillarnos tanto que podemos chegar a crer que Berlín e Tokio necesitan anabolizantes.

  • O dicionario da Real Academia Galega

    O dicionario da RAG axuda a conformar unha lingua esquelética, imprecisa, dunha plasticidade débil, falta de matices e amplamente carenciada (palabra que só incorpora o Priberam). A ausencia das palabras anima loxicamente a que os consultantes (non está tampouco consultante, nin consultador) non a usen porque a dúbida provoca inhibición.

  • Un home e unha muller

    Un homme et une femme é un filme magnífico. En 1966 gañou a Palma de Ouro de Cannes e tamén o Gran Premio da Oficina Católica Internacional do Cinema, outra selección do festival. Parece evidente a causa pola que os brutiños do Francato Medio permitiron a exhibición dese prezado minuto despois de cortar varios metros de bobina. Os católicos importantes premiaran o filme e eles picaron