Deixa a equipaxe na ribeira

Deixa a equipaxe na ribeira
Para verte como queres que te vexa
Deixa a equipaxe na ribeira
E quéimaa


Estes versos dos tricantinos Vetusta Morla sintetizan o que para moitas foi o 15M, as mareas e a primavera de 2015.

O municipalismo galego chegou para quedar. Aquela histórica candidatura recén creada que acadaba a victoria na Coruña, aquela Compostela que decidiu renacer das cinsas da corrupción, o Ferrol digno e orgulloso de historia obreira que colleu o bastón de mando dende a xente do común e gobernando no procomún. Tamén Teo, Sada, A Pobra e un bo número de representates nos plenos municipais das vilas e cidades galegas.

Cómo se conseguiu? Deixando equipaxes na ribeira e sumando experiencias, ilusións e folgos.

Neste tempo fomos quen de celebrar éxitos tan xigantes como as Rendas Sociais, a remunicipalización da ORA en Compostela ou falarlle de ti a ti aos alcaldes. Algunhas cousas parecen sinxelas, cuestión de vontades, outras de sinxelas non tiveron nada, dobre valor para os gobernos de Jorge, Xulio e Martiño. Non debemos esquecernos dos centos de concelleiras que na oposición batallan arreo escudriñando cada paso dos gobernos do PP. Veremos tamén no 2019 un novo espertar en Ourense.

Qué queda moito por facer? Si. Erramos ás veces? Tamén, dixemos que somos xente do común, feministas, ecoloxistas, galegas, dixemos que si se podía e que viñamos facer país, non que foramos infalibles.

O reto de cara ao 2019 é enorme. Revalidar importantísimas alcaldías e acadar novas. Porque as candidaturas de unidade popular foron quen de amosar a rebeldía competente no seu día a día ao mando das institucións.

Toca logo pois apostar pola confluencia conservando e conxugando principios pero deixando a equipaxe na ribeira. O 15M emendou o logo e a sigla. Emendou os repartos proporcionais e intransferibles.

Academos pois, de novo, a unidade. Reeditemos e sumemos vitorias.
 
Deixa a equipaxe na ribeira
Para verme como quero que me vexas
Lánzate o auga outra vez
Aquí espero eu

Publicidade

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.