Imos morrer todos

Como din, cando está de saír mal, sae mal e punto. Así están pensando esta semana en Génova 13 e tamén en outros cuarteis xerais de outras cores.

No relativo a Cataluña, xa vemos como dende os estados socios europeos, Alemaña e Escocia,  están emendando a plana xuridicamente a todos eses “homes de estado” que estaban a punto de facerse o seppuko pola grande afrenta do proceso catalán. Os mesmos que, seguindo unha mala versión de “el arte de la guerra” desbotaron calquera posibilidade de negociación e dialogo, finiquitando a bilateralidade. Cada día están máis  cerca de ter que aplicar o Hagakure, se fosen dignos e valentes, que non o son, son tramposos e torticeiros. Queda camiño de desgustos neste conflito para o bloque conformista coa constitución, imos vendo. Para acabar rematando nun acordo que podía ter xa meses de percorrido e que seguro era bon para todos.

En Genova 13 teñen un problema cos títulos, están enfadados con Ikea.  Mercas un marco de oferta e pensas o que pode quedar ben, pois un máster que sempre viste, e ó final acaba nunha apertura de dilixencias pola fiscalía, iso si despois de unha serie de comparecencias dignas do cine de humor francés e os seus enredos. Aínda que coido que onde máis preocupa isto é na sede da rúa Alcalá, esa de cores laranxas, no tema de Cifuentes van ter que posicionarse, complicado moi complicado posicionarse  non está no seu ADN.

Mentres en Galicia os conselleiros, piqueta na man, están anunciando a construción de fragatas en Ferrol, como se os orzamentos de M. Rajoy non tivesen que ser aprobados, que cara máis dura. Menos mal que algúns comprometidos con Galicia foron a Bilbao falar das fragatas co PNV, que son os que mandan, e seguro que o Comité de Navantia coñece quen move ficha, imos vendo.

Valle Inclán estaría disfrutando con este  esperpento, a realidade supera a ficción: Parlamentos sen prazos, políticos en cadea, Estados corrixindo ó reino de España, títulos que non son, firmas que non son, grandes de España pedindo señoríos contrarios a lei, reinas a salario público enfrontadas, bandeiras a media hasta na semana santa, conselleiros soldadores, conselleiros contrapiquetes en folgas, escacha retrovisores aforados, dimisións que non chegan, aves que non chegan e socialistas con fotos de Kennedy no despacho como exemplo de “SOMOS LA IZQUIERDA”. Como di alguén que coñezo, imos morrer todos.

Menos mal que a xente ten sentidiño e debemos traer dignidade á política, a ver se somos quen de levalo á práctica entre todos e todas, Galicia precísao.

Publicidade

{C}{C}{C}{C}

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.