José Pérez-Ardá, alcalde franquista e membro do Tribunal de Responsabilidades Políticas

Continuamos coa información doutros tres alcaldes franquistas, que aínda teñen rúas na Coruña e outro tipo de distincións. Despois de publicar nestas páxinas o artigo sobre Sergio Peñamaría de Llano, recibín algún correo de amigos historiadores animándome a seguir difundindo estas biografías de alcaldes franquistas, e recibín tamén algún correo invitándome a abandonar este traballo: “Rogaría no envíes panfletos revolucionarios, ya que no nos interesan. Harías una labor mucho mejor a la sociedad, trabajando a estas horas, pagando tus impuestos y contribuyendo con ello al estado del bienestar, en lugar de perder el tiempo tú y hacérnoslo perder a los demás  con chorradas que no nos dan de comer”. Si, aínda quedan persoas así.

José Pérez-Ardá y López Valdivieso

José Pérez-Ardá y López Valdivieso aparece sinalado como participante na represión

Foi combatente co exército sublevado en 1936. Pérez Ardá xa figuraba, como tenente alcalde, na corporación municipal –chamada Comisión Xestora Municipal– que se constitúe o 18 de agosto de 1938. Participa, xa que logo, na represión que se exerce na cidade a todos os niveis.

O historiador Luis Lamela refírese aos consellos de Guerra contra José Miñones, Suárez Ferrín, Ramón Maseda, Francisco Mazariegos, Francisco Prego, os Irmáns da Lexía, etc no seu libro A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. E fala de “cientos de consejos de guerra celebrados, a veces varios durante la misma jornada, y muchos más cientos de individuos sometidos a unas acusaciones artificiales –delitos políticos o ideológicos, traición o sublevación– convertidos por los fiscales en delitos genéricos y graduaciones inexistentes, que tenían como resultado final el fusilamiento o la cárcel, y en donde las penas de prisión aunque fuesen perpetuas serían consideradas por los reos una bendición divina”.

José Pérez-Ardá y López Valdivieso aparece sinalado como participante nesa represión: “Y en la designación de los tribunales, publicados en las órdenes de plaza, se harían familiares durante aquellos meses los mismos nombres- ...coronel Enrique Cánovas Lacruz, fiscal Hernán Martín-Barbadillo, Manuel María Puga Ramón, el alférez honorífico del Cuerpo Jurídico Militar, José Pérez-Ardá López...-, que hicieron, unos en los tribunales y otros en la Fiscalía, de la sentencia de muerte aplicación sistemática al preferir enviar a decenas de personas frente al pelotón de fusilamiento, que a dejar algún individuo capaz de combatirles más tarde aunque solamente fuese politicamente”.

E remata así Luis Lamela: “No obstante tantas muertes dictadas en sentencias durante aquellos años, no conozco la existencia  de testimonio alguno de los componentes de los tribunales militares coruñeses, que mostrase  compasión, pesar o disgusto por lo sucedido. La ausencia de compasión y caridad para con los desprotegidos fue una constante asumida por quienes la disciplina castrense justificaba el asesinato sistemático con premeditación y alevosía, dictando unas sentencias injustas y egoistas, enviando al paredón a los que solamente, y ya era mucho, tenían ansias de libertad, de justicia y de progreso”. 

Pérez Ardá preside, como alcalde accidental, o Pleno municipal de 23 de xuño de 1939 que concede ao ditador Franco a Medalla de Ouro da cidade e o nomeamento de Alcalde de Honra

Xosé Enrique Acuña en Sumarísimos e tantas outras historias (17-11-2016) fala de “avogados que, con rango militar, pasaron a desenvolver labores nos consellos de guerra en distintas cidades galegas. José Pérez-Ardá y López sería outro exemplo de actuación en consellos. Actividade á que sumaría a de ser vogal en 1938, en representación da Falanxe, do Tribunal Regional de Responsabilidades Políticas de La Coruña, cesando o 25 de agosto de 1939.

Así recollía a “Vicepresidencia de Gobierno, Orden de 2-6-1939, nombrando el personal que ha de constituir los Tribunales Regionales, Juzgados Instructores Provinciales e civiles especiales de Responsabilidades Políticas”. Para o Tribunal Regional de Coruña aparece: “De FET. y de las JONS.: Propietario, don José Pérez Ardá López, abogado y excombatiente” (BOE 5-6-1939).

A Lei de Responsabilidades Políticas declaraba “la responsabilidad política de las personas, tanto xurídicas como físicas”, que dende o 1 e outubro de 1934 “contribuyeron a crear o a agravar la subversión de todo orden de que se hizo víctima a España” e a partir do 18 de xullo de 1936 “se hayan opuesto o se opongan al Movimiento Nacional con actos concretos o con pasividad grave”. O preámbulo desa lei sinalaba o obxectivo: “Próxima la total liberación de España, el Gobierno, consciente de los deberes que le incumben respecto de la reconstrucción espiritual y material de nuestra Patria, considera llegado el momento de dictar una Ley de Responsabilidades Políticas, que sirva para liquidar las culpas de este orden contraídas por quienes contribuyeron con actos u omisiones graves a forjar la subversión roja”.

Até setembro de 1941 tramitáronse 229.549 expedientes a través de 18 tribunais rexionais, segundo Manuel Álvaro Dueñas. En aplicación da citada lei, o xuíz instrutor debía pedir información sobre o presunto responsábel “Al Alcalde, Jefe Local de FET e das JONS, Cura Párroco y Comandante del puesto de la Guarda Civil del pueblo en que aquel tenga su vecindad o su último domicilio”. Esta lei estivo en vigor até a súa derrogación o 13 de abril de 1945.

A Lei de Responsabilidades Políticas foi un instrumento fundamental da represión, con todo tipo de sancións para persoas vivas ou para persoas asasinadas polo franquismo (executadas ou paseadas), que tiñan que asumir tamén as súas familias. Esta lei sinalaba distintos tipos de sancións: “inhabilitación absoluta, inhabilitación especial. Estrañamento. Relegación ás nosas posesións africanas. Confinamento. Desterro. Perda total dos bens. Pago de cantidade fixa, perda de bens determinados”. Entre os encausados por este Tribunal figuraban intelectuais e políticos como Ricardo Carballo Calero, Francisco Pérez Carballo, Manuel Guzman García etc. José Miñones, coñecido como “Pepe Miñones”, elixido deputado polo Frente Popular nas eleccións de febreiro de 1936 e fusilado polos fascistas, é un exemplo do espolio de todos os seus bens e é distinguido pola CRMH como Republicano de Honra 2018.

Era unha persoa de absoluta confianza da ditadura franquista, que participou activamente na represión e por iso foi designado a dedo como alcalde en tres mandatos

Xoán Antón Pérez-Lema, no seu artigo Os roubos non reparados do franquismo (Praza Pública, 3-7-2017) concreta as repercusións desa lei: “Nos primeiros meses posteriores á rebelión facciosa de 1936 incautáronse na Galicia bens e grandes sumas de diñeiro de persoas e familias non afectas ao golpe de Estado. A primeiros de 1937 o réxime franquista institucionalizou estes desapoderamentos ilegais. O sistema evolucionou até o desapoderamento deseñado polas Leis de Responsabilidades Políticas e de Represión da Masonería e do Comunismo. Moitos galegos foron desposuídos dos seus bens e diñeiro de xeito ilegal e aínda non foron reparados. Velaí o caso do secretario do Concello da Coruña, Joaquín Martín (republicano centrista) condenado á morte e executado o 31 de agosto de 1936. A responsabilidade civil derivada da condena ascendeu a un millón de pesetas da época. A súa viúva, filla do esgrevio coruñés Médico Rodríguez, aínda pregaba lastimeiramente da ditadura no 1954 que lle levantasen o embargamento sobre os bens herdados do seu home. Outros casos salientábeis foron os do deputado republicano Miñones Bernárdez (principal accionista da Electra Popular, logo adquirida de saldo pola Fenosa de D.Pedro Barrié) ou do secretario de Relacións Internacionais do Partido Galeguista, Plácido Castro”.

Pérez Ardá preside, como alcalde accidental, o Pleno municipal de 23 de xuño de 1939 que concede ao ditador Franco a Medalla de Ouro da cidade e o nomeamento de Alcalde de Honra. No seu discurso, Pérez Ardá fala do “profundo cariño y gratitud que nuestra ciudad guarda para el invicto caudillo salvador de España e ilustre hijo de esta provincia”. Era unha persoa de absoluta confianza da ditadura franquista, que participou activamente na represión e por iso foi designado a dedo como alcalde en tres mandatos: de 11 de outubro de 1939 a 22 de febreiro de 1940; de 1 de maio de 1943 a 26 de xuño de 1944 e de 7 de xaneiro de 1969 a 21 de xaneiro de 1974. Foi tamén procurador nas Cortes franquistas nos períodos 1943-1944 e 1971-1974. Ten unha rúa, un retrato na palacio municipal de María Pita e un monolito fronte á piscina municipal de Riazor, lembrando os seus tres mandatos como alcalde

Eduardo Sanjurjo de Carricarte

Foi tenente alcalde na corporación que se constitúe o 18 de agosto de 1938, en plena represión franquista. Era primeiro tenente alcalde no Pleno de 23 de xuño de 1939 que concede a Franco a Medalla de Ouro e o nomeamento de Alcalde de Honra. Alcalde da Coruña de 13 de agosto de 1963 a 20 de decembro de 1965. Foi tamén procurador nas Cortes franquistas (1961-1964). A proposta do Ministro do Exército, o ditador Franco concedeulle a Gran Cruz da Orde do Mérito Milirar con distintivo branco (BOE, 5-10-1964). Ten rúa na Coruña, retrato en María Pita, un busto detrás do palacio municipal e un Colexio de Educación Infantil e Primaria.

Eduardo Ozores Arraiz

Eduardo Ozores estaba no núcleo organizador da sublevación e, como persoa de confianza dos sublevados, poucos días despois do golpe é encargado da Garda Municipal. Posteriormente participa nas columnas galegas dos golpistas, que combaten en Asturias

O 18 de xullo de 1936 era capitán no Rexemento de Artillería nº 16. Participou activamente na sublevación militar contra a República, como enlace da súa unidade cos golpistas, en contacto co capitán da Garda Civil José Rañal Lorenzo, como recolle Carlos Fernández en El alzamiento de 1936 en Galicia. Despois da vitoria electoral da Fronte Popular, “o capitán Rañal preparara o 18 de abril de 1936 un golpe de forza contra o Goberno Civil da Coruña, que fracasou. Descuberto o complot, foi xulgado, xunto con outros xefes e oficiais da Guarda Civil e trasladado como disponible forzoso a Pozoblanco na provincia de Córdoba”.

Eduardo Ozores estaba no núcleo organizador da sublevación e, como persoa de confianza dos sublevados, poucos días despois do golpe é encargado da Garda Municipal. Posteriormente participa nas columnas galegas dos golpistas, que combaten en Asturias. Ascende a tenente coronel en xullo de 1944, antes de ser designado alcalde. Foi alcalde da Coruña de 7 de maio de 1946 a 22 de abril de 1947. Foi tamén procurador das Cortes franquistas. Ten rúa e retrato en María Pita.

O manifesto Os tempos son chegados, promovido en 2009 pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH), que foi apoiado por historiadoras/es, xente da cultura e numerosas entidades, dicía: “Non merecen ningún tipo de recoñecemento público os alcaldes da ditadura Eduardo Ozores Arraiz, Sergio Peñamaría de Llano, José Pérez-Ardá e Eduardo Sanjurjo de Carricarte, ben porque xogaron un importante papel, como militares, na sublevación fascista de 1936 conta a República, participaron na represión ou asinaron penas de morte como fiscais militares”. Despois de máis de corenta anos de democracia, hai que acabar con esta vergoña. Continuará.

Publicidade

{C}{C}{C}{C}

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.