O despoxo do dereito á vivienda mediante unha interpretación favorábel aos intereses das empresas

Da denegación por omisión do dereito constitucional á vivenda polos Gobernos de España. Nestes tempos nos que a Constitución española é usada polo goberno español no conflito con Cataluña como regula aurea a respectar a machada, aínda que de forma asistemática, traguemos hoxe aquí un asunto no que paradóxicamente os sucesivos gobernos socialistas e populares non tiveron ningún remilgo en consentir e ata participar nun auténtico  despoxo constitucional. Estou a referirme ao comportamento claramente contrario ao Dereito Internacional e á Constitución executado polos gobernos de España en relación co dereito á vivenda, protexido este tanto pola normativa internacional (entre outros, Declaración Universal dos Dereitos Humanos, Pacto Internacional sobre Dereitos Económicos, Sociais e Culturais e Carta Europea de Dereitos Fundamentais) como pola propia Constitución española.

En relación coa vivenda, tema de máxima actualidade política-social en España, no seu art. 47, a Constitución española establece que: “Todos os españois teñen dereito a gozar dunha vivenda digna e adecuada. Os poderes públicos promoverán as condicións necesarias e establecerán as normas pertinentes para facer efectivo este dereito, regulando a utilización do chan de acordo co interese xeral para impedir a especulación”.

O mandato constitucional está ben claro para os poderes públicos: promover as condicións necesarias para facer efectivo este dereito á vivenda. Que pasou cunha prescripción tan clara como esta?

O mandato constitucional está ben claro para os poderes públicos: promover as condicións necesarias para facer efectivo este dereito á vivenda. Que pasou cunha prescripción tan clara como esta? A omisión inconstitucional polos poderes públicos (gobernos e parlamentos estatais e autonómicos, concellos e ata do poder xudicial) con respecto ao mandato relativo ao impedimento da especulación urbanística resulta ben clara. E nada mellor para dar fe disto que as conclusións do Relator Especial da Organización das Nacións Unidas para o Dereito á Vivenda cando, no seu Informe do 2008, logo da súa viaxe a España, afirmaba que ísta era o país da Unión Europea que máis construía, o que máis vivendas baleiras tiña e o que menos vivenda asequibel poñía a disposición da poboación, todo isto nun contexto dunha progresiva liberalización do chau e da privatización dun réxime urbanístico e inmobiliario, os cales viñeron dar nun estrepitoso fracaso no campo da xestión da vivenda e do territorio.

O Relator Especial da ONU advertía tamén sobre o número crecente de persoas que facían fronte a un desafiuzamento. O Relator, lembrando que a Constitución “recoñece que a vivenda é un dereito básico…”, formulou importantes pautas de actauación ao Goberno esixíndolle garantir a realización efectiva do dereito a unha vivenda adecuada, asequibel e accesibel. Estas non foron atendidas de forma efectiva por ningún dos gobernos estatais do PP e do PSOE, nin polos gobernos autonómicos. Sirvan como proba os  68.000 desafiuzamentos executados en España no 2014.  A salientar que nese ano, na Galiza, os desafiuzamentos de inmobeis --de todo tipo, no soio viviendas, ainda que en especial destas—chegaron a un total de 2.519 lanzamentos, segundo dados do Consello Xeral do Poder Xudicial. Tamnén na Galiza, en xaneiro, febreiro e marzo do 2015, foron iniciadas 445 execucións hipotecarias relativas a vivendas.

Medidas político-xurídicas para rexenerar o dereito á vivenda. Concertación de prezos. Resulta preciso aprobar medidas normativas para que o Goberno español dispoña de competencias para obrigar ás empresas financeiras ligadas ao sector inmobiliario -socorridas dun xeito opaco con miles de millóns de euros como premio a unha situación crítica xerada en gran medida pola súa irresponsabilidade especuladora-, a que teñar que achegar  certas contrapartidas sociais, obrigándolles a poñer á venda ou en aluguer, a uns prezos concertados entre devandito sector e o Goberno, os milleiros de pisos que están baleiros; á súa vez o Goberno debería de desempeñar o papel de avalista público e de subvencionador de parte dos intereses duns préstamos cuxa amortización debería de poder ser feita durante un prazo de tempo ben máis amplo que o que vén sendo habitual.

Sería necesario que, dende xa, o Tribunal Constitucional entrase nunha desexable senda de asunción dun maior activismo xudicial, dando lugar a pronunciamientos que denuncien as flagrantes omisións inconstitucionais producidas polos poderes públicos

Maior garantía procesal do dereito á vivenda e, no seu caso,  revisión da Constitución española. Penso que hai que ter a valentía de iniciar un cambio xurisprudencial da interpretación da Constitución española con base nela mesma e nos Tratados internacionais sobre Dereitos Humanos que vencellan a España. Está claro que para iso sería necesario que, dende xa, o Tribunal Constitucional entrase nunha desexable senda de asunción dun maior activismo xudicial, dando lugar a pronunciamientos que denuncien as flagrantes omisións inconstitucionais producidas polos poderes públicos no relativo ao exercicio do dereito á vivenda en España, así como abrindo o paso, ante dita omisión, á protección do dereito á vivenda ante os Tribunais comúns cun procedemento baseado nos principios de preferencia e sumariedad e, de ser o caso, a través do recurso de amparo ante o Tribunal Constitucional, e non como agora que o dereito á vivenda só pode ser alegado ante os Tribunais comúns, “de acordo co que dispoñan as leis” que o desenvolven, ou sexa, de acordo cunhas leis pensadas esencialmente en clave de defensa dos intereses da empresa privada e non dos cidadáns españois. Item máis, sería de valorar a pertinencia dunha reforma constitucional, entre outros ámbitos,  no  que atinxe á área dos dereitos sociais, moi en especial do dereito constitucional á vivenda, hoxe en gran medida esquencido, a pesares de estar recollido expresamente no art. 47 da Constitución española, cando prescribe, como xa dixemos, que “Todos os españois teñen dereito a gozar dunha vivenda digna e adecuada”.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.