O Encontro XVII: Unha longa postal para Luis V, dúas citas literarias e unha hipótetica resposta

Xa de moi neno eu era dado á mentira e gustaba de adornar os acontecementos rutiñeiros da miña vida.
Antón Riveiro Coello
What the fucking hell is going on.
Peter Townsend

Conxo, 20 de xaneiro de 2018
Prezado Luis V!
Cando volviamos para Conxo, a altura de Dozon e da canción número cinco de Confesiones de um artista de mierda** ( canción que escoitamos en bucle por culpa de Lucía, xa que ela prefiría esa canción a  Everybody loves to Cha Cha Cha ***de Sam Cooke e que eu elixira para amenizar a nosa viaxe de volta a Conxo. Xa sabes, Luis V, tiven que ceder por culpa das chains of love que canta J. J Cale cando vai a Tulsa e volve coa sua stone river para a súa colección) deume por pensar que ao noso amigo común, Anton R, nos últimos tempos case sempre o atopo en situacións, que cando menos poderíamos cualificar de estrañas. Strange Things! Luís V.
Hai uns anos, cando ía para a casa despois de deixar a nena na porta do colexio, atopei a Anton R na praza de Cervantes dándolle de beber a uns elefantes, que segundo él eran rusos, na fonte coroada polo manco de Lepanto. O Pablo da libraría Couceiro non daba creto ao que estaba acontecer diante dos seus ollos e mira que el está acostumado a ver xente rara, como eses escritores que suben de tres en tres os banzos da escaleira da súa libraría e ao mesmo tempo pontifican que a súa obra non está o suficientemente recoñecida no seu barrio ou ese cliente que entra na libraria só para preguntar se hai una novela de 2667 páxinas, na que súa na paxina 346 morra dun infarto flamenco un personaxe e que ademais remate co verso, pouco sofisticado, de Bob Dylan: It´s all over now, baby blue.
Fai uns meses, polo tempo do San Martiño, no Espolón da vila, que nombrou fillo predilecto ao escritor que unha vez quedou abraiado polos ollos de K, e a que tiven que ir para facer unha consulta a un avogado especialista na servidume de luces e en Frank Sinatra, atopeino coa súa guitarra cantando: Ya me embriague con otro hombre. Ya no soy Naila para ti****. E este pasado venres, a noitiña, atopeino en Ourense, na rúa da Concordia, cando eu saía da antiga libraría Internacional de mercar Das Buch der neuen Pop Musik de Rolf-Ulrich Kaiser e un libro, da editorial Laiovento, para o lugar silencioso (sempre Handke!) duns psiquiatras titulado Arquitecturas da infancia (líchelo?) e que parecia especialmente interesante, xunto ao seus amigos Luis, Camilo, Brais, Carlos, María, Fernando, Marcelino, Bieito, Suso, Daniel, Maruxa, Gustavo, Irene, María, Roi, Concha, Abel, María, Álvaro, Lucas, David, María, María, Daniel e a súa sobriña Laura regando con auga das Burgas noventa e cinco bonsais coa forma de libro e regalando caramelos de anís e anos a todos os nenos que pasaban ao seu carón (isto de regalar caramelos de anís e anos aprendeuno da señora María e do seu avó).  Strange Things! Luís V.
Non che parece estraño, Luis V? Non sei se Antón non se curou da ferida que se fixo na cabeza, cando no deserto con Laura un día de vento ferido caeu perseguindo ao galo de Antioquía ou se o demo, ise filho da mãe, encarnouse nel despois de vender a Quinta de Saler a un grupo empresarial chino/angolés que querían abrir alí un Relais & Châteaux semellante a Quinta da Auga . Non o sei!!
De verdade Luis, what the fucking hell is going on*****, é demasiado para mín e de tolos, aínda que pido a quen sexa, incluido a María Auxiliadora e San Antonio de Padua, que please return it, que nos devolvan ao Anton R dos tempos en que os tres despois da medianoite e de evitar que nos ocuparan o noso lugar nos bares paseabamos, segundo o caso, polo Parque Central ou pola Avd de Habana ou pola muralla vestidos de branco e cantando felices as vellas e hoxe esquencidas cancións de Pasty Cline******. Lembras Luis! dias de soños tolos e de querer escribir nas estrelas cartas a todas aquelas mozas ás que criamos que lles íamos gañar o seu amor. Win your love for me*******, repetíamos imitando a Sam.Lembras!
Por certo, Luis non te esquezas de devolverme os  DVD de Sokúrov e os CD de ELLA, PATSY, BILLIE e de LILA. Non o esquezas, por favor.
Apertas.
Gustavo P.

Nota

*A postal  foi enviada ao seu destinatario e quedou esquencida entre as follas 72 e 73 do libro Espíritus en la Oscuridad. Viaje a la era soul de Andreu Cunill., 66 rpm., Barcelona,2014.
** https://www.youtube.com/watch?v=BqcyZvAnfB4
***https://www.youtube.com/watch?v=87dEJ0IV-90
**** https://www.youtube.com/watch?v=WXSzTjXH3Lg
***** O autor da postal emprega esta expresión inglesa do guitarrista do grupo inglês The Who Peter Townsend dende que a leu no libro El mundo de la música Pop de Rolf-Ulrich- Kaiser (Barral Editores,Barcelona, 1972: La música pop ,sin embargo, lo es todo; el público de la música pop es la crema de los auditorios que hoy escuchan música. No tiene nada que ver con los esnobistas de la música clásica, quienes escuchan como dirige Leonard Bernstein sin saber what the fucking hell is going on.
****** https://www.youtube.com/watch?v=FYtrGjJOMpE
*******https://www.youtube.com/watch?v=UUX47wRMZZE
*

Os meus amigos xa non veñen a visitarme porque non cren que haxa animais, sobre todo paxaros. Sospeitan que están na miña cabeza.
Antón Riveiro Coello, Á sombra dos bonsais, Editorial Galaxia. Vigo  2017.
Mi mundo siempre fue el pop y yo tomo todo lo que se acerca a mi mundo, no importa de donde venga.
Spinetta

*
É certo que el era dado a facer as cousas un pouco sen sentido.
Antón Riveiro Coello

¿Le parece que habré hecho bien en jugar un  fijo en el Salamanca- Betis?
Frank Sinatra

Lugo, 23 de xaneiro de 2018
Prezado Gustavo P!
Lin a túa longa postal coa mesma atención que se lera os ensaios de Dichten und Erkennen de Robert Musil, o Futbol de la “A” a la Z” de José María Casanova/Joan Valls, o Mazzepa de Lord Byron, o Libertad Libertad Libertad de Juan Goytisolo, o Schiksal und Wille de Karl Jaspers, o Dicionario Jázaro de Milorad Pavic,o The Tao of Gunf Fu. A study in the way of chinese martial art de Bruce Lee, a revista Pronto, Interventions 2 de Michel Houllebecq,  Las Buenas Maneras de Eduardo Blanco Amor, o Espejo de Sombras de Felicidad Blanc  o 53 jours de George Perec, o Against the Day de Thomas Pynchon, o Tempo de Pedra de Ramón Area, o catálogo de Venka e de VPC os Elementos de Euclides, o Sicher Freiklettern de S. Gscwendtner, o Artritismo  de Dr Vander, A Internacional Negra de Mijail Baklanov, os Journals de Kurt Cobain, Informática para médicos de Joaquín María Suárez  e o Almagesto de Tolomeo, é dicir por enriba (O Condor pasa de largo). Que queres que che diga? Non te preocupes. Supoño que xa se arranxará a cousa. Xa sabes que Anton R é dado a facer cousas un pouco sen sentido e logo volve ao rego da cordura. Lembras cando no ano 2000 a Anton R  deulle por deixar barba e guedellas ao xeito de Bakunin e ao pouco foi xunto ao barbeiro ou cando un día  do verán do ano 2007 díxonos todo serio que queria levar a toda a familia a Alabama para comprobar se é certo que alí as estrelas caen do ceo* e aos dous dias cambiou de idea e que ao final ía pasar as súas vacacións, como todos os anos, contemplando moscas no camping de Muiños.Non te preocupes polo demo ,Gustavo P, que como cantaba o José Afonso entre nós Não hai lugar prós filhos da mãe**. Non  te preocupes, Gustavo P.  Non vale a pena e sae a rúa a buscar un lugar onde podas bailar Mr Big Stuff*** e a Mule Skinner**** e xa verás como melloras e atopas alí o que só a vida pódeche dar: Amor
Por certo, non esquezas en devolverme os CD de OTIS, de DONNY, de NANCI e de CHRIS  se queres os teus DVD e CD.
Apertas.
Luis V

P.D: paréceche ben en xogar un 2 fixo no Depor- Celta?

Nota.
* https://www.youtube.com/watch?v=6ibV3tCDvd8
** https://www.youtube.com/watch?v=E47asLfITQA
***https://www.youtube.com/watch?v=9f4CyQto-0E
****https://www.youtube.com/watch?v=TWh07XHVRdI

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.