Os Orzamentos Xerais do Estado perpetúan as desigualdades sociais

Ante a grave situación de pobreza severa que golpea a unha gran parte da nosa xente, a centos de miles de familias, aos sectores máis vulnerables como a infancia, as mulleres,  as persoas maiores, etc.

O 4 de xullo sairon pubricados os Orzamentos Xerais do Estado para o 2018. Uns orzamentos moi lonxe da situación real da nosa sociedade.

Para os que dubiden de esa situación de extrema urxencia social, podemos decir que máis da metade dos concellos galegos teñen máis pensionistas que traballadores, enumerar que un de cada catro galegos é maior de 65 anos , aproximadamente unhas 761.075 persoas,  cunha pensión media de 783 €/mes, cunha fenda dun 15% por baixo da estatal, si o dato o damos por rexímenes atopámonos que autónomos e agrarios están nunha media das pensión en 612.23 €, si este dato damos en perpectiva de xénero atopámonos con que a pensión media das mulleres é de 698 € situándose a fenda nun 37.62% superior a fenda salarial que se atopa en 23-24%. As pensións de viudedade atópase en 555,82 euros; a orfandade en 377,63 euros; e a favor de familiares en 483,89 euros. Todas elas por baixo do umbral da pobreza. Engandindo a éste colectivo a clase traballadora que se enfrenta a unha taxa de desemprego dun 14.71%.

Rematouse o 2016 cunha tasa de risco de pobreza ou exclusión social no 20.33%. E onde o 62.90% dos nosos pensionistas malviven por ter prestacións por baixo do umbral da pobreza.

Os Orzamentos Xerais do Estado, non soamente esquecen a Galiza, senón que o fai esquecendo a nova situación social da clase traballadora que vive no territorio español.

Quedámonos cunha escenificación dun  burdo engano con promesas vacías, fálase dunha subida do 3 % para as pensións mínimas, pero como xa se dá por percibido o 0.25 % a subida real será do 2.75% e non para as pensións minimas dos PGE 2018 ( persoa maior de 65 sen cónxuxe a cargo 9196.60€/anuais) senón como referencia os PGE 2017 (7347,99€/ ano)  pasando a percibir mensualmente de 524.86 € a 539.29 € producíndose unha fenda entre as pensións mínimas con respeito a mínima establecida nos PGE 2018 ( 656.9€/mes) de 17,90%.

Si ignorando isto, nos remitimos o IPC atopámonos que a mínima que establecen os PGE para aplicar o 3% os as que no ano 2010 correspondían a 601.40 € , paradóxicamente incluso superiores oito anos máis tarde, si a esas mínimas se houbera aplicado o IPC alcanzarían hoxe os 656.66 €/mes. ( según taboa adxunta)

O resto das pensións seguirán perdendo poder adquisitivo a paso axigantados, as viuvas non verán nas súas nóminas a subida, soamente os PGE liberaranse do pago de complementos e se cargará novamente o esforzó a caixa da Seguridade Social.

Ningunha das medidas  se prorrogarán máis alá de decembro do 2019, nen se está a levar a cabo nengún estudio de ingresos necesario e imprescindibles para o Sistema de Seguridade Social, así que non sirven para solventar o problema nin do Sistema nin, por suposto, a de millóns  de pensionistas, nin mulleres, nin desempregados, nin enfermos. Non, tan só é un aprazamento dos problemas para pasar o proceso electoral de 2019. 

Según Informe da Unión Europea vivir por debaixo do Umbral da pobreza e vivir por debaixo da metade da renda per capita. España sítua a súa renta per capita 2017 igual a 24.998 € a súa metade 1041.58 €/mes (12499 €/anuales). Pois o 50.89% en el caso dos homes e un 79.87% das mulleres atópanse nesa situación e a solución unha vez máis non se atopa nos novos PGE 2018.

O que non solventaron os PGE2018 do Estado, loitaremolo nos Orzamentos Galegos de Setembro. Ou se goberna para o pobo ou o pobo terá que rectificar as súas ideas, senon queremos acabar na máxima indixencia.

Publicidade

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.