Os Padres

Velaí está a reacción patriarcal actuando nos media; velaí os padres na palestra, entrevistados, reclamando a súa honra, o seu poder patriarcal ; velaí os padres, visibles no sistema público, aínda que ninguén saiba o seu comportamento no privado, reivindicando castigo para brutos asasinos que violan e matan a súa filla. 

O padre non pensa na vítima, nin nos motivos polos que é vitimizada. Tampouco reflexiona por que hai homes que fan iso, nin en que el pertence ao mesmo colectivo masculino que despreza as mulleres, que maltratan e someten ás mulleres de seu, ou ás inferiores que traballan para el

Están autorizados polo sistema, que lles dá o dominio sobre os seus, para convocar outros padres, ao xenérico masculino, para unha vinganza, un castigo superior contra os que ousan substituír o seu poder.

Póñense diante das cámaras para que vexan a dor dun padre: a honra. O que non teñen as mulleres.(Nas mulleres ten outro significado) Sen bágoas, claro está. Isto sería propio das nais, que falarían da pobre filla, da súa dor, que sente como propia, do terror, do seu corpo utilizado e desleixado, e o desgarro dóelle no propio corpo,  oculto e podrecendo nunha charca inmunda ou nun monte calquera, para ser pasto de animais rastreiros, despois de ser atacada polo azor.

O padre non pensa na vítima, nin nos motivos polos que é vitimizada. Tampouco reflexiona por que hai homes que fan iso, nin en que el pertence ao mesmo colectivo masculino que despreza as mulleres, que maltratan e someten ás mulleres de seu, ou ás inferiores que traballan para el. Tamén sabe que moitas mulleres son asasinadas na casa polos padres. Moitas delas tamén violadas polos padres, que se non o fan coa propia, fano nos locais de prostitución onde pagan por empregar a violencia sexual, a vexación até límites insólitos, a facer da vítima un obxecto noxento, como fixo o acusado coa súa filla. Non a mata porque está para iso, e non o vai denunciar.

Non fala de feminismo o padre. Pouco ou nada debe saber desa teoría de liberación, promovida por mulleres desde hai séculos. Cando as mulleres saen ao público e se manifestan, reclaman xustiza, liberdade, igualdade, unhas relacións cos homes humanas. O feminismo é un movemento pacífico. Non busca vinganza. Saben que non son os anos de cadea o que vai retraer a un violador ou un asasino dos seus actos violentos e crueis. Saben que cómpre cambiar a mirada, a consideración, a conciencia.

O Estado, porque ten o poder, non debe utilizalo. O Estado, que representa a toda a cidadanía nunca debe ser vingativo. Ha ser magnánimo e buscar a reinserción

Os padres queren que os asasinos das fillas no eido público sexan castigados máis anos. Algúns pedirían a pena de morte, a lei de Talión, de poder, pero reclaman a reclusión permanente. Algo que, xa sabemos, non serve para evitar os delitos, e ten carácter antipolítico nunha democracia. Os padres queren tomar a lei da súa man, castigar ao máximo. Non din nada da violencia privada, que está lexitimada. Non. Queren vinganza para o que lles afecta a eles.

O Estado, porque ten o poder, non debe utilizalo. O Estado, que representa a toda a cidadanía nunca debe ser vingativo. Ha ser magnánimo e buscar a reinserción.
Sería moi triste que os patriarcas elixiran un bo momento.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.