Radiografía do electorado católico: do PP, co voto decidido antes da campaña e criado en galego
Entre o electorado que se define como "católico practicante" o dominio do PP foi moito máis esmagador o 18F que no total xeral. As preferencias políticas entre o "católico non practicante" son moito máis semellantes ás do conxunto da poboación e un terzo sitúase en posicións de esquerdas, segundo o inquérito postelectoral do CIS
Pacientes de oncoloxía do CHUS denuncian "ata oito meses" de demora nas revisións: "Sentímonos abandonadas"
Os protocolos fixan revisións cada tres ou catro meses durante os primeiros cinco anos tras o tratamento do cancro, lembra a Asociación de Pacientes do Clínico de Santiago, que vén de trasladar a queixa á Valedora do Pobo. O hospital admite os atrasos, que atribúe a "reaxustes de persoal" que obrigan, din, a "priorizar o inicio de tratamento de novos doentes"
Altri triplicou a produción prevista na súa fábrica galega dende que pactou coa empresa da Xunta
Inicialmente, a empresa indicou que prevía producir "cerca de 200.000 toneladas de pasta solúvel e fibras sustentáveis", pero a documentación ambiental do proxecto eleva as estimacións a 400.000 toneladas de celulosa, 200.000 de lyocell, 31.500 de biomasa e 13.000 de xeso cada ano. A compañía admite que a factoría sería unha "industria de enclave" e informa os seus investidores de que aínda non ten pechada a decisión de investir nela
O que aprobou (e o que non) o Parlamento por unanimidade a prol da fábrica de Altri
A proposta partiu do PP e pedía que a Xunta dese "prioridade ao proceso de deseño da primeira fábrica de fibras téxtiles en España" e "propiciar" que estivese na provincia de Lugo. Tras negociacións con BNG e PSdeG, o texto aprobado por unanimidade apostaba por situala "preferentemente" na Mariña e non mencionaba a celulosa. Tres meses despois, a compañía revelou que pretende instalarse en Palas
- Interactivo Coronavirus
- Política
Dos rastrexadores a Mape Asesores: anatomía dos contratos de emerxencia da Xunta na pandemia
O Consello de Contas publica un novo informe sobre a xestión económica na COVID que permite tirar unha lista das 252 empresas que recibiron contratos de emerxencia da Xunta en 2020 e 2021. Universal Support, a empresa coa que contratou durante meses os 'rastrexadores', foi a principal adxudicataria por importe con máis de 11 millóns. Séguea Mape Asesores, con 10 millóns
Fronte da Xunta coas inmobiliarias contra os concellos que buscan limitar os alugueiros ao abeiro da lei estatal
A vicepresidenta Vázquez redobra a oposición á norma estatal nun "encontro informativo" no que a Xunta deu voz a administradores de fincas e axentes da propiedade inmobiliaria. O Goberno galego fai tamén responsables aos concellos que queiran declarar zonas tensionadas de trazar plans de vivenda social para 20 anos. Faino apoiándose nunha disposición da lei estatal que non encomenda este labor aos municipios, senón á "administración territorial competente" en vivenda
A interferencia da voda de Martínez-Almeida na toma de posesión de Rueda axita o inicio da lexislatura
A contorna de Rueda manexara o 6 de abril como data máis probable para a súa toma de posesión, pero o risco de menor asistencia de cargos do PP por cadrar coa voda do alcalde de Madrid levounos a decantarse polo día 13, case un mes despois da constitución do Parlamento, cuxa presidencia alude a motivos regulamentarios para fixar este calendario
"En positivo" e "con ambición de país": os propósitos de BNG e PSdeG para outra xeira de oposición
Pontón avanza que o Bloque se centrará en "mellorar a vida das persoas" e insta o PP a non "confundir a maioría absoluta co absolutismo". Besteiro, que se estrea no Parlamento, promete procurar "elevar o nivel da Xunta". Ambos congratúlanse do primeiro acordo, polo que a formación soberanista cedeu aos socialistas un posto na Mesa da Cámara
- 📺 Crónica 18F Eleccións galegas
- Política
Axustes á dereita, xestos á esquerda: en marcha a duodécima lexislatura
Santalices, reelixido presidente do Parlamento, deixa entrever que ademais da lexislatura principia tamén a súa despedida da primeira liña política. O BNG cede un posto na Mesa ao PSdeG nun primeiro xesto de entendemento entre os grupos encabezados por Pontón e Besteiro. Os primeiros votos de DO no Parlamento foron para que o seu único deputado se votase a si mesmo nun pleno no que o presidente desexa que deputadas e deputados estean "á altura da confianza da xente"
- Crónica 18F Eleccións galegas
- Política
Santalices, presidente
O ourensán, deputado máis veterano, comezará a nova lexislatura volvendo ser presidente do Parlamento, sendo así tamén o dirixente cun mandato máis prolongado á fronte da institución. Alén das tensións puntuais, o popular veu sendo quen de tecer complicidades cotiás con membros dos grupos da esquerda, cos que tamén atopa ligazóns grazas ás súas boas conexións no ámbito cultural. A ata agora conselleira de Infraestruturas ocupará a secretaría primeira na Mesa do lexislativo
A dirección central do PP sentencia que a Xunta non aplique os límites ao alugueiro que piden A Coruña e Santiago
Dende esta semana é oficial o índice de prezos de alugueiro, clave para limitar os custos do arrendamento nas 'zonas tensionadas' ao abeiro da lei estatal de vivenda. "As comunidades autónomas do PP non o aplicarán", advirte a dirección do partido mentres o Goberno galego afirma que aceptaría as peticións dos concellos coruñés e compostelán se están "debidamente argumentadas"
O PP apoia no Congreso restar competencias ao Parlamento galego sobre o Tribunal Superior de Xustiza
A Cámara Baixa rexeitou, malia aos votos a prol de PP, Vox e UPN, tramitar a lei promovida pola Asemblea de Madrid para retirar competencias autonómicas en materia xudicial. A proposta madrileña pretendía que os parlamentos autonómicos deixasen de ser responsables de propoñer unha listaxe de candidaturas para cubrir unha de cada tres prazas das Salas do Civil e Penal dos Tribunais Superiores de Xustiza