"O ano 2012 puxo en cuestión o modelo territorial e social do Estado"
O imparable desemprego, as folgas xerais, as réplicas do 15M, o rescate ao bancos ou o éxito independentista en Cataluña poñen en dúbida o actual modelo estatal logo dun ano convulso no político e no social. Unha nova de Cadernos de Comunicación.
Centro Galego de Bos Aires: Un novo escenario
Análise sobre a situación da histórica institución da emigración galega en Arxentina, intervida pola Administración do país latinoamericano. Unha nova de Cadernos de Comunicación.
Un 38% dos parados galegos valora emigrar ao estranxeiro
Catro de cada dez galegos sen emprego pondera facer as maletas e marchar ao estranxeiro en busca dun posto de traballo. Este pensamento gaña forza entre os mozos de entre 16 e 24 anos da Comunidade galega. Unha nova de Cadernos de Comunicación.
África do Sur: represión policial, patronal, e unha inextricable rede de disputa sindical
Este artigo é só unha primeira tentativa de aproximación ao complexo problema hoxe exposto pola sucesión de folgas nas minas dá África do Sur e a brutal represión policial e patronal que se seguiu.
A emigración ao estranxeiro en Galicia creceu un 70% desde o inicio da crise
A nova emigración, moi distinta á que nos anos 60 e 70 marchaba a Europa sen coñecer o idioma e con baixa cualificación, non deixou de crecer desde o inicio da crise, tanto que se hai catro anos 5.467 persoas deixaron Galicia para probar sorte noutro país, en 2011 a cifra elevouse ata as 9.375.
RadioCadernos, un novo proxecto comunicativo para a diáspora
O novo proxecto comunicativo de Cadernos de Comunicación e Análise emite en probas dende o pasado Día Nacional de Galicia
A emigración incrementouse case un 42% o ano pasado respecto de 2010
En canto ao retorno, é dicir, as altas rexistradas de españois provenientes do estranxeiro, no 2011 ascenderon a 38.404, o que supón un lixeiro aumento respecto de 2010, cando foron 33.109. Unha información de Cadernos de Comunicación e Análise.
PP e PSOE descartan modificacións no voto emigrante antes dos comicios
O director do Partido Popular no Exterior, Alfredo Prada, explicou que os comicios galegos deben ser o test final para coñecer se a participación dos emigrantes aumenta ou segue a tendencia á baixa debido á obrigación de solicitar o voto para exercer o dereito de sufraxio. Unha crónica de Cadernos de Comunicación e Análise
O Centro Galego de Bos Aires e a sanidade arxentina
A Xunta fará ou non a análise de todo o sucedido, pero o prexuízo causado ao Centro Galego de Bos Aires requirirá anos de esforzo para recompor a súa imaxe ante unha opinión pública que o vise actuar como mostra emblemática da capacidade creadora e o tesón da emigración galega. Unha crónica de Cadernos de Comunicación e Análise
A Editorial Galaxia abrirá un selo propio en Bos Aires
Titularase Mar Maior-Editorial Galaxia e concíbese como a "editorial dos galegos no mundo", unha plataforma de difusión da cultura galega que, segundo as programacións iniciais, empezará a andar en Bos Aires no ano 2013. Así o anunciou o director de Galaxia, Víctor F. Freixanes, na mesa de debate Tendencias dentro da Feira Profesional do Libro, una das ponenciais inaugurais, á que por primeira vez foi invitado oficialmente un editor galego. Unha información de Cadernos de Comunicación e Análise.
Denuncian a supresión do galego no colexio Xesús Mestre de Ponferrada
O colectivo cultural Fala Ceibe do Bierzo denunciou publicamente «un novo intento de suprimir o ensino voluntario do galego» na comarca, esta vez no colexio Jesús Mestre do barrio ponferradino de Cuatrovientos. Unha información de Cadernos de Comunicación e Análise.
Recorte do 23,1% para os emigrantes e españois retornados nos orzamentos
O Proxecto de Orzamentos Xerais do Estado para 2012 contempla un recorte do 15,7 por cento nos fondos a empregar na política de Servizos Sociais e Promoción Social, que quedan en 2.119,04 millóns de euros, fundamentalmente polas reducións das partidas destinadas a Inmigración (-54,8%), Familia e Infancia (-42,6%), Maiores (-38,6%), Emigrantes (-23,1%) e violencia de xénero (-21,3%), entre outras. Unha crónica de Cadernos de Comunicación e Análise.