Diego Mariño Román

  • A fin do petróleo está cerca

    Segundo a Axencia Internacional da Enerxía (AIE), a produción de petróleo cru chegou ao seu pico máximo en 2006. En cambio a Asociación para o Estudo do Pico de Petróleo e o Gas (ASPO), considera que o pico do petróleo tería ocorrido no ano 2010. Xurdiron unha serie de comunidades co desafío de soportar o dobre problema do cambio climático e o pico de produción do petróleo. Son as chamadas comunidades en transición. Todas elas forman parte do Movemento en Transición, que foi creado por Louise Rooney e popularizado por Rob Hopkins no ano 2006.

  • Síndrome de Down: A súa vida tampouco ten límites

    O pasado 21 de marzo tivo lugar o día internacional do Síndrome de Down, afección que por primeira vez conta cun día exclusivamente propio. Hoxe en día xa é habitual ver a mozos e adultos con este síndrome ou outras discapacidades, traballando en empresas ordinarias, estudando en institutos e colexios ou formando incluso as súas propias familias. Estes resultados non son una casualidade. Son o froito do traballo de fundacións coma a Down Compostela, que se constituíu oficialmente no ano 2006 coa finalidade de mellorar a calidade de vida das persoas con Síndrome de Down ou outras discapacidades intelectuais