0 Gardados para despois
Helena González

Helena González

Son profesora de Estudis Gallecs i Portuguesos e investigadora do Centre Dona i Literatura na Universidade de Barcelona. Os meus eidos de interese son a crítica literaria feminista, a cultura popular, as relacións entre xénero e nación, as prácticas literarias electrónicas e as relacións culturais entre Galicia e Cataluña. Formo parte do consello editorial de Lectora. Revista de Dones i Textualitat e colaboro como crítica literaria, entre outras, en Grial. Coido que é fundamental pular pola internacionalización da cultura galega, por iso me fixen socia da AIEG (Asociación Internacional de Estudos Galegos). Interésame (case) toda a cultura contemporánea, a gastronomía como discurso e a cociña como práctica. O reto da escrita consiste en saber termar da retranca e a interrogación e que logo o texto prenda en quen le.

As miñas achegas a Praza: