0 Gardados para despois
Rosalía Fernández Rial

Rosalía Fernández Rial

Rosalía Fernández Rial (Carballo-Muxía, 1988) é licenciada en filoloxía pola USC, estudou acordeón, fai teatro afeccionado e, sobre todo, escribe. Como poeta, ten publicados dous libros individuais, En clave de sol (2009) e Átonos (2011); ambos ilustrados por diversos artistas gráficos e levados á escena con espectáculos literarios, pictóricos e musicais. E un traballo conxunto con Xan Fernández Carrera, Un mar de sensacións (2012), un compendio de rutas e poemas para descubrir a Costa da Morte (no que Xan Fernández deseña os traxectos e Rosalía se encarga de poetizar os lugares onde o viaxeiro se pode perder). Na súa faceta de narradora, Rosalía participou no volume colectivo Follas de Carballo (2011), en revistas (como a das Festas do San Xoán ou da Romaría da Barca) e no xornal Infoxove.

As miñas achegas a Praza: