0 Gardados para despois
Equus Zebra

Equus Zebra

Equus Zebra naceu no ano 2000 en A Coruña. É unha ONG galega, independente, apolítica e aconfesional, creada por e para as persoas inmigrantes. O seu fin é loitar para mellorar a vida das persoas inmigrantes, de calquera procedencia, que teñen chegado a Galicia así como a de aquelas que viven en situación pobreza nos seus países de orixe. O obxectivo de Equus Zebra céntrase en loitar contra as desigualdades e fomentar un modelo de convivencia, comprometido e solidario; un modelo que mellore a calidade de vida do colectivo inmigrante e facilite a súa integración no noso entorno.

As miñas achegas a Praza: