Implicadas no Desenvolvemento

Implicadas no Desenvolvemento

Implicadas no Desenvolvemento é unha organización non gobernamental de cooperación ao desenvolvemento galega, aconfesional, crítica, apartidaria, independente e que entende que a discriminación de xénero subxace a todas as demais e polo tanto debe ser eliminada antes de poder falar de desenvolvemento.

A misión de IND é a de traballar a prol da erradicación da pobreza nas comunidades máis afectadas por ela, e máis en concreto co grupo das mulleres a través da eliminación das estruturas de opresión Norte-Sur e de xénero. Implicadas forma parte da Coordinadora Galega de ONGD (www.galiciasolidaria.org)