Paz Raña Lama

Paz Raña Lama

Nacín hai 54 anos en Vigo. Son filla de modista e músico procedentes das ribeiras do Avia. Meu pai finou en Alemaña cando eu tiña 6 anos e isto deixoume unha firme pegada que emerxe cada vez que intento escribir algo de ficción. Estudei Pedagoxía en Compostela, traballo nun instituto e estou en contacto permanente con adolescentes, o que devén en privilexio porque aprendo cousas novas todos os días. Creo na cidadanía e na posibilidade de mellora. Non podería vivir sen ficción e sen música e, por riba de todo, sen afecto e sen afectos.