0 Gardados para despois
Carlos C. Varela

Carlos C. Varela

Carlos Calvo Varela (Ordes, 1988) foi detido pola Policía Nacional o 15 de setembro do 2012 en Vigo e atópase en prisión provisional, á espera de que o Tribunal Supremo resolva o recurso contra a sentenza da Audiencia Nacional que en maio do 2014 o condenou a 12 anos de prisión por "tenencia de explosivos e pertenza a Resistencia Galega". Na actualidade está preso no centro penitenciario de Estremera (Madrid), despois de ter pasado durante este tempo, tamén polas cadeas de Soto del Real, Aranjuez, Valdemoro, Navalcarnero (Madrid) e Topas (Salamanca).

Membro do Consello de Redacción do Novas da Galiza e colaborador de varios medios de comunicación, estudante de Filosofía e de Antropoloxía e investigador, ten publicado numerosos artigos en portais web, revistas e libros, ademais de realizar un importante labor como dinamizador social e cultural en diferentes agrupacións de Compostela e da comarca de Ordes.

A Rede de Apoio a Carlos Calvo abriu ao pouco da súa detención o blog De volta para Loureda, unha web que dá conta das novidades relacionadas con Carlos e do seu día a día na prisión e que tamén pretende ser un punto de encontro que apañe canta solidariedade sexa posible para el e para todos os presos que se atopen en situacións semellantes

As miñas achegas a Praza: