Manuel González López

Manuel González López

Naceu en Outes en 1975. Licenciado e Doutor en Economía pola USC, ampliou estudos no Reino Unido e en Dinamarca. Actualmente é profesor no Departamento de Economía Aplicada da USC. Ademais do traballo no ámbito académico, conta con experiencia nas áreas de Cooperación para o Desenvolvemento e de Proxectos Europeos. É membro da Executiva de Compromiso por Galicia e portavoz do Grupo Municipal de Compromiso en Outes.