0 Gardados para despois
David Otero

David Otero

É membro fundador do Pen Clube de Escritores Galegos, de Galix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), da Fundación Castelao, da A.C. ‘O Brado’, da Fundación Alexandre Bóveda, do Pedrón de Ouro, do Padroado San Martiño, do Colectivo Cultural Estradense, da Asociación dos amigos dos Pendellos da Golada, do Movemento de Renovación Pedagóxica Nova Escola Galega, da AELG e de Irimia.
Participa en actividades de Colectivos de Renovación Pedagóxica nas Áreas de Lingua Galega, Animación á Lectura e Psicomotricidade. Formou parte do equipo redactor dos Programas de Lingua e de Literatura Galegas para o ensino non universitario e colaborou na autoría de Libros de Texto de Lingua Galega nas editoriais Xerais e Galaxia. Foi codirector da colección ‘Árbore’ de Literatura Infantil da editorial Galaxia.

As miñas achegas a Praza: