O calendario do curso 24-25 xa é oficial: comeza o mércores 11 de setembro e remata o venres 20 de xuño
O período de adaptación en infantil será dun máximo de 5 días e o Día do Ensino, non lectivo, fíxase o 31 de outubro, xoves, unido ao festivo do 1 de novembro
Queremos Galego chama a manifestarse o 17 de maio para reclamar a aplicación do Plan de Normalización aprobado hai 20 anos
O 21 de setembro de 2004 o Parlamento aprobou por unanimidade o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, que incluía 445 medidas correctoras que a Xunta se comprometía a levar a cabo e que a plataforma denuncia que "non só non se desenvolveron, senón que sufriron importantes retrocesos".
Narón faise cargo do servizo de madrugadores a petición das Anpas pero esixe que a Xunta "asuma as súas competencias"
O Concello de Narón reclama á Xunta "que asuma unha das súas competencias en materia educativa". As familias viñan salientando a importancia do servizo de madrugadores e o de comedor, cuxa existencia "non pode estar supeditada a que exista unha anpa, unha directiva, ou un persoal voluntario capacitado"
Un práctico empate entre PNV e EH Bildu deixa Euskadi pendente dos posibles pactos de goberno
O nacionalismo vasco no seu conxunto acada o seu maior número de escanos, 54 de 75, e PSE-EE preséntase como a formación clave para elixir lehendakari
Greenpeace e OGACLI alertan do "estancamento" da transición enerxética e piden á Xunta "ambición na política climática"
No 2022 desecendeu o peso das enerxías renovables en Galicia e aumentou o dos combustibles fósiles importados, un freo no proceso de descarbonización da economía do país. As dúas entidades reclaman do novo Goberno galego medidas para acadar un sistema eléctrico 100% renovable en 2030 e un sistema enerxético no seu conxunto 100% renovable en 2040
"Anicamento", "teito de cristal" ou "birimbao", entre as novas entradas do Dicionario da Real Academia Galega
O Seminario de Lexicografía da RAG engade corenta voces canda novas acepcións ou melloras na redacción doutros vinte lemas.
Aquí tamén se canta en galego: a iniciativa do IES Rafael Dieste trae agora un festival gratuíto
O venres 7 de xuño actuarán na Praza da Tolerancia da Coruña Grande Amore, Boyanka Kostova, Leria e Lontreira, nunha nova acción deste proxecto de dinamización lingüística iniciado neste instituto da cidade herculina e que xa se estendeu a 150 centros de ensino de todo o país
O PSOE de Ourense denuncia que a negativa da Deputación a identificar a Baltar nunha multa de radar custou 1.200 euros
Os socialistas din que hai unha "trama de ocultación deliberada de información" sobre o uso "irregular" de vehículos oficiais por parte do anterior presidente provincial
A UE comunica a ecoloxistas e concellos que aínda non recibiu do Estado a solicitude para o proxecto de Altri
O encontro entre a delegación galega e representantes da Comisión Europea, no que trasladaron a súa frontal oposición, foi facilitado pola eurodeputada Ana Miranda (BNG), que destacou que este encontro supón “un paso máis para frear a instalación de Altri en Galiza”
- 📺
- Economía
Unha vintena de colectivos do mar esixe un plan real á Xunta pola crise do marisco: "Así, imos para a casa"
O sector reclama "medidas estruturais" de xeneración dos bancos marisqueiros e saneamento e coidado das rías combinadas cun plan de axudas directas. "Existe a posibilidade de que decaian os plans de explotación e as concesións e haxa quen queira botar man delas, vendéndoas ás empresas de acuicultura industrial", advirten
Envellecer Xunt@s: do móbil á vida saudable pola provincia de Lugo
125 xornadas temáticas desde a formación en novas tecnoloxías á nutrición pasando polos hábitos saudables e a información sanitaria. O programa Xunt@s da Deputación de Lugo persegue "fortalecer os lazos da comunidade"
A escritora palestina Adanía Shibli e o irlandés John Banville estarán na SELIC 2024 en Santiago
Do 7 ao 16 de xuño a praza da Quintana de Santiago vai encherse de propostas para todas as idades e padais literarios durante a Semana do Libro de Compostela (SELIC)