- Vídeo
- Cultura
O Galiverso da Cidade da Cultura permite visitar 11 museos sen moverse do sitio
No Galiverso dos Museos as persoas visitantes poderán manipular versións dixitalizadas ao detalle de ata 27 obras de arte, restos arqueolóxicos, e obxectos únicos que forman parte da Rede de Museos xestionados pola Xunta.
O BNG recunca na coalición Agora Repúblicas para as eleccións europeas xunto a ERC, Bildu e Ara Més
O BNG ocupará o terceiro lugar dentro da candidatura fronte ao quinto posto que lle correspondeu nas pasadas eleccións ao Parlamento Europeo
O impacto psicolóxico do cambio climático, de Galicia a Filipinas
O IGFAE da USC volve acadar a acreditación como Unidade de Excelencia, cun financiamento de 2,6 millóns de euros
O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), centro mixto da universidade compostelá e a Xunta, formará parte durante os vindeiros seis anos da rede de centros acreditados como Unidade de Excelencia María de Maeztu, o que lle garante un investimento extraordinario e un impulso para a súa actividade investigadora.
O sector cultural aumentou os seus ingresos en 2023 pero cunha "desaceleración" que empeora as expectativas futuras
O Observatorio da Cultura Galega do Consello da Cultura publica unha nova entrega do seu Barómetro da cultura galega 2024, que recolle unha situación de estabilidade con diferenzas entre uns e outros ámbitos. Os xestores culturais suspenden as distintas administracións en relación ao apoio que emprestan ao sector
'Unha inimiga do pobo', de Talía Teatro, triunfa nos María Casares con sete premios
A obra de Talía Teatro levou, entre outros, os galardóns ao mellor espectáculo, dirección (Tito Asorey, de forma compartida con Quico Cadaval e O auto do Castromil), actriz protagonista (María Lado), actor secundario (Toño Casais) e Mellor adaptación-tradución (Vanesa Sotelo e Tito Asorey)
A xira de Altri pola Ulloa na defensa da súa fábrica principia e queda suspendida entre protestas
A compañía portuguesa defende ante veciñanza da Ulloa que devolverá auga ao río en condicións "excelentes" ou que non propiciará novas plantacións de eucalipto, pero tamén admite que aínda non ten os terreos e supedita a instalación á obtención de fondos públicos. Ulloa Viva pon o foco nos riscos ambientais e socioeconómicos da "macrocelulosa". A dirección do BNG subliña a súa oposición a unha "bomba ambiental" que "parte dunha mentira" e o PSdeG de Palas fai público o seu "non" por razóns ambientais e porque "pon en risco a viabilidade dos sectores tractores da nosa comarca"
O sector da dobraxe saca á rúa a súa loita laboral: "Levamos 18 anos cobrando por baixo da lei"
Actrices, actores e outro persoal do sector manifestáronse este domingo en Santiago. O persoal denuncia que o seu "incumprido" convenio colectivo data de 2006, que nin sequera perciben "as subas do IPC" e que as empresas lles pagan o traballo en castelán un 25% por baixo do estipulado
V Semana do Cinema Galego: 45 candidaturas aos Mestre Mateo en cinco días de película na Coruña
O Teatro Colón acolle oito proxeccións dalgúns dos fitos do cinema galego do último ano na semana da entrega dos premios Mestre Mateo, que se celebra o día 23 no Coliseum
O Carballo Interplay anuncia os finalistas do primeiro premio a Mellor Contido Dixital Galego
A programación do festival, que se celebra do 4 ao 7 de abril, inclúe shows en directo de Exército Mekemeke e Café Derby 21 e unha videoregueifa entre Sara Seco e Malva. Ademais, o novo galardón escollerá as mellores canles e creadores e creadoras do país, con 10 finalistas que saíron dunha escolma de 24 candidaturas
- Vídeo
- Cultura
A 'Nabiza Girl' de Isabel Risco vira nunha serie de animación para "motivar" a mocidade no uso da lingua
A serie en stop-motion de Algarabía Animación nace co obxectivo de reforzar a identidade galega entre a mocidade cun ton natural e desenfadado e pódese seguir a través das súas contas de Instagram e TikTok.
Galicia tivo o inverno máis cálido dende que hai rexistros
Segundo os datos da Aemet, decembro foi "cálido", xaneiro foi "extremadamente cálido" e, de feito, foi "o máis cálido desde 1961" e, igualmente, febreiro foi "moi cálido". Ademais, este inverno foi húmido en Galicia, cun 14 % máis de precipitación do normal. Espérase que esta primavera tanto as temperaturas coma as precipitacións estean por riba do normal