Envellecer Xunt@s: do móbil á vida saudable pola provincia de Lugo
125 xornadas temáticas desde a formación en novas tecnoloxías á nutrición pasando polos hábitos saudables e a información sanitaria. O programa Xunt@s da Deputación de Lugo persegue "fortalecer os lazos da comunidade"
A escritora palestina Adanía Shibli e o irlandés John Banville estarán na SELIC 2024 en Santiago
Do 7 ao 16 de xuño a praza da Quintana de Santiago vai encherse de propostas para todas as idades e padais literarios durante a Semana do Libro de Compostela (SELIC)
A gala aRi[t]mar celebra por primeira vez na outra beira do Miño a cultura común de Galicia e Portugal
Braga acolle este sábado unha reedición da gala 2023, que tivo lugar en outubro en Compostela e na que se entregaron os premios ás mellores cancións e poemas do ano en Galicia e Portugal. Servirá de peche ao Congreso Internacional de Estudos Galegos, que comeza este mércores na cidade bracarense.
Antón Costas reclama "un novo contrato social" que poña o emprego de calidade no centro para frear "os novos fascismos"
O economista vigués, actual presidente do CES, ingresou na Real Academia Galega de Ciencias nun acto celebrado en Compostela. Fíxoo cun discurso no que chamou a "devolver dignidade e recoñecemento ao traballo" apostando pola "creación de bos empregos” e a "produción nacional"
"Nasín cando as prantas nasen": o 'Herbario de Rosalía' amosa na UVigo a importancia na natureza na súa obra
A mostra parte dunha investigación das docentes da USC María López Sández, Fernando Cabo e Maria do Cebreiro Rábade sobre a presenza das especies vexetais nos textos da poeta, que posteriormente López Sández e a profesora de Botánica Mª Isabel Fraga Vila converteron nun herbario físico doado á Casa-Museo e nunha exposición que xa se puido ver en numerosas localidades galegas.
Antón Lopo e Manuel Veiga acadan o Premio da Crítica para poesía e narrativa en galego
Diarios / 1. Azul Monforte, de Antón Lopo, e Perder as bestas, de Manuel Veiga, foron as obras premiadas na última edición dos Premios da Crítica Española para as obras en lingua galega. Curiosamente, os dous son de Monforte de Lemos. Os premios, feitos públicos este sábado na cidade de Ferrol pola Asociación Española de Críticos Literarios, son outorgados en colaboración coa Asociación Galega da Crítica.
Revogada a autorización de verteduras da mina de San Finx tras meses de incumprimentos por parte da empresa
Augas de Galicia constata que as súas inspeccións detectaron verteduras contaminantes "superiores aos límites autorizados"
Do ensaio ao álbum ilustrado e da poesía á divulgación: as 70 obras candidatas aos premios Follas Novas
Un xurado escollerá as tres obras finalistas por categoría e as gañadoras daranse a coñecer nunha gala no Teatro Principal de Santiago o vindeiro 11 de maio
Galicia-Panamá con Iago Aspas e Lucas Pérez como protagonistas: volve a Selección oito anos despois
A selección masculina de fútbol en categoría absoluta xogará o 31 de maio ante o combinado centroamericano, nunha localización aínda por decidir pero con Balaídos como favorito. Anunciouno este martes a FEG, que nos vindeiros días dará a coñecer o adestrador que dirixirá a Irmandiña
A xuíza arquiva o caso no que a Policía implicou un loteiro de Lugo no atraco ao seu propio negocio
O propietario denunciou que dous atracadores levaran uns 400.000 euros da súa administración de Loterías a punta de pistola. A maxistrada non ve "ningún indicio racional de criminalidade" contra o loteiro e advirte de que os axentes puideron vulnerar o seu dereito á defensa ao tomarlle declaración como denunciante mentres o investigaban como sospeitoso
Os murais urbanos que "melloran as cidades" e dan "proxección mundial", a debate en Lugo
A Facultade de Humanidades do Campus lucense da USC acolle do 10 ao 12 de abril un curso coordinado polas profesoras Elena Cortés e Patricia Cupeiro. Afondará no impacto cultural e socioeconómico dun fenómeno artístico en auxe coa participación de artistas e representantes de institución e empresas que veñen promovendo a súa realización nos últimos anos en distintos lugares de Galicia
Irene Pin, Prado Rúa e O Faiado triunfan no Carballo Interplay
O festival de contidos dixitais Carballo Interplay entregou este domingo os premios da súa undécima edición. O Mercado de Carballo, no corazón da vila, pechou a actividades dunha intensa semana na que destacou o recoñecemento ao talento galego emerxente no ámbito audiovisual e dixital