"Anicamento", "teito de cristal" ou "birimbao", entre as novas entradas do Dicionario da Real Academia Galega
O Seminario de Lexicografía da RAG engade corenta voces canda novas acepcións ou melloras na redacción doutros vinte lemas.
Aquí tamén se se canta en galego: a iniciativa do IES Rafael Dieste trae agora un festival gratuíto
O venres 7 de xuño actuarán na Praza da Tolerancia da Coruña Grande Amore, Boyanka Kostova, Leria e Lontreira, nunha nova acción deste proxecto de dinamización lingüística iniciado neste instituto da cidade herculina e que xa se estendeu a 150 centros de ensino de todo o país
O PSOE de Ourense denuncia que a negativa da Deputación a identificar a Baltar nunha multa de radar custou 1.200 euros
Os socialistas din que hai unha "trama de ocultación deliberada de información" sobre o uso "irregular" de vehículos oficiais por parte do anterior presidente provincial
A UE comunica a ecoloxistas e concellos que aínda non recibiu do Estado a solicitude para o proxecto de Altri
O encontro entre a delegación galega e representantes da Comisión Europea, no que trasladaron a súa frontal oposición, foi facilitado pola eurodeputada Ana Miranda (BNG), que destacou que este encontro supón “un paso máis para frear a instalación de Altri en Galiza”
- 📺
- Economía
Unha vintena de colectivos do mar esixe un plan real á Xunta pola crise do marisco: "Así, imos para a casa"
O sector reclama "medidas estruturais" de xeneración dos bancos marisqueiros e saneamento e coidado das rías combinadas cun plan de axudas directas. "Existe a posibilidade de que decaian os plans de explotación e as concesións e haxa quen queira botar man delas, vendéndoas ás empresas de acuicultura industrial", advirten
Envellecer Xunt@s: do móbil á vida saudable pola provincia de Lugo
125 xornadas temáticas desde a formación en novas tecnoloxías á nutrición pasando polos hábitos saudables e a información sanitaria. O programa Xunt@s da Deputación de Lugo persegue "fortalecer os lazos da comunidade"
A escritora palestina Adanía Shibli e o irlandés John Banville estarán na SELIC 2024 en Santiago
Do 7 ao 16 de xuño a praza da Quintana de Santiago vai encherse de propostas para todas as idades e padais literarios durante a Semana do Libro de Compostela (SELIC)
A gala aRi[t]mar celebra por primeira vez na outra beira do Miño a cultura común de Galicia e Portugal
Braga acolle este sábado unha reedición da gala 2023, que tivo lugar en outubro en Compostela e na que se entregaron os premios ás mellores cancións e poemas do ano en Galicia e Portugal. Servirá de peche ao Congreso Internacional de Estudos Galegos, que comeza este mércores na cidade bracarense.
Antón Costas reclama "un novo contrato social" que poña o emprego de calidade no centro para frear "os novos fascismos"
O economista vigués, actual presidente do CES, ingresou na Real Academia Galega de Ciencias nun acto celebrado en Compostela. Fíxoo cun discurso no que chamou a "devolver dignidade e recoñecemento ao traballo" apostando pola "creación de bos empregos” e a "produción nacional"
"Nasín cando as prantas nasen": o 'Herbario de Rosalía' amosa na UVigo a importancia na natureza na súa obra
A mostra parte dunha investigación das docentes da USC María López Sández, Fernando Cabo e Maria do Cebreiro Rábade sobre a presenza das especies vexetais nos textos da poeta, que posteriormente López Sández e a profesora de Botánica Mª Isabel Fraga Vila converteron nun herbario físico doado á Casa-Museo e nunha exposición que xa se puido ver en numerosas localidades galegas.
Antón Lopo e Manuel Veiga acadan o Premio da Crítica para poesía e narrativa en galego
Diarios / 1. Azul Monforte, de Antón Lopo, e Perder as bestas, de Manuel Veiga, foron as obras premiadas na última edición dos Premios da Crítica Española para as obras en lingua galega. Curiosamente, os dous son de Monforte de Lemos. Os premios, feitos públicos este sábado na cidade de Ferrol pola Asociación Española de Críticos Literarios, son outorgados en colaboración coa Asociación Galega da Crítica.
Revogada a autorización de verteduras da mina de San Finx tras meses de incumprimentos por parte da empresa
Augas de Galicia constata que as súas inspeccións detectaron verteduras contaminantes "superiores aos límites autorizados"