José M. Castro

José M. Castro

Son licenciado en Matemáticas e Bioloxía e realicei un doutoramento en Bioloxía Evolutiva na USC. Tras traballar como postdoutorando e profesor asociado en Alemaña e Suecia, regresei a Galiza cun contrato de investigación Isidro Parga Pondal. Realicei estadías en universidades de Cuba, Estados Unidos, Escocia, Portugal e Brasil. Actualmente son Persoal Docente e Investigador da Facultade de Veterinaria da USC e desenrolo colaboracións con investigadores de ciencias sociais.