O Supremo anula a discriminación do Sergas a eventuais ás que non computa no historial as vacacións non desfrutadas
O alto tribunal di, nun proceso defendido pola CIG, que "resulta discriminatorio para o persoal temporal en relación co fixo que non se compute o tempo de vacacións compensadas economicamente como servizos prestados"
Audasa bate o seu récord de beneficios, con 82,6 millóns de euros
A concesionaria da AP-9 ingresou 192 millóns de euros en 2023, dos que 134 foron pagados polas persoas usuarias e 58,5 polo Estado a través dos diversos descontos que foi implantando nos últimos anos.
"Grave incumprimento" dos prazos do bono alugueiro para a mocidade: Defensor del Pueblo e Valedora desmontan a xestión da Xunta
Os defensores estatal e galego da cidadanía coinciden en sinalar demoras de máis dun ano en resolver as solicitudes cando deberan tardar un máximo de 3 meses
A Deputación de Ourense quere cobrar aos bombeiros que se manifestaron ante ela 100.000 euros por limpar o edificio
O goberno provincial presidido polo popular Luis Menor di que os seguros rexeitan facerse cargo da reparación e non quere que esta corra "a costa do diñeiro público"
Construcuatro pediu que lle perdoasen 1,8 millóns de multa por sobreprezos en vivendas protexidas e o TSXG denégao
A construtora foi sancionada con 2,5 millóns por cobros ilegais a compradores cando Telmo Martín, alcalde de Sanxenxo, era un dos socios, e tras ratificar o Supremo a multa pediu non pagar o 75%, pero a xustiza rexéitao
A Xunta demora dous anos o observatorio co que ía avaliar a sostibilidade turística
Turismo de Galicia vai "reiniciar un novo procedemento" tras anular o concurso público que convocara en 2022 porque era "urxente" analizar a situación. "Non podemos actuar sobre o que non vemos", dicía daquela.
A 'número 2' do PPdeG solemniza o seu apoio a Altri malia que "non coñece en profundidade o proxecto"
Paula Prado atribúe ao BNG e "os seus satélites" o rexeitamento ao fábrica que se quere instalar en Palas de Rei
20 eólicos suspendidos e 2 que continúan desde que a xustiza restrinxiu criterios para ditar medidas cautelares
Os proxectos, dunha ducia de empresas, espallaríanse por 40 concellos e agora son paralizados temporalmente mentres o tribunal analiza as súas autorizacións
Rueda admite que houbo "cousas mellorables" nos contratos da COVID tras asegurar que "non tiveron problema"
O presidente di que cumprirá a "obriga legal" se o Congreso o cita na comisión de investigación que vén de crear, coa abstención do PP, sobre a contratación de todas as administracións durante a pandemia
Europa non condena a contaminación por nitratos en Galicia pero constata que está espallada por todo o país
A Comisión Europea e o Goberno de España coinciden na existencia do problema pero discrepan sobre se está orixinado pola actividade agraria ou a súa relevancia
Rueda non descarta expropiacións para Altri e responde ás críticas: "Non podemos deixar pasar oportunidades"
O presidente asegura que "xamais se autorizará algo que non cumpra estritamente todos os requisitos" e pide "diálogo" e "actitude pedagóxica"
36 das 89 entidades públicas galegas cuxos contratos debe revisar o Consello de Contas incumpren obrigas
O ente fiscalizador recomenda á Consellería de Facenda que mellore os procedementos para facilitar o "acceso universal" á información contractual