- Horarios
- Acontece
A chegada dos Avril deixa en 8 os trens diarios de alta velocidade coa Meseta á espera de máis melloras tras a ampliación de Chamartín
Renfe comeza este xoves a venta de billetes para os novos servizos que implantará a partir do 21 de maio, coa expectativa de máis frecuencias e prazas a partir do verán
Rueda e catro conselleiros de Feijóo deberán declarar no Congreso na investigación dos contratos da pandemia
O PSOE e os seus socios pactan unha lista de 134 comparecentes de todo o Estado na que hai unha ducia de galegos pero na que non está o ex-presidente
O Sergas encarga 50 módulos prefabricados para aloxar o persoal médico de garda durante as obras do novo CHUAC
Cada módulo metálico contará con aseo individual e aire climatizado polos que a Xunta está disposta a pagar ata 608.000 euros durante un máximo de dous anos
A Xunta divulga por erro en internet ducias de nomes de persoas ás que tutela e as súas débedas ou axudas
A fundación pública dependente de Política Social que vela por máis de 3.000 persoas publicou coas súas contas anuais o libro de contabilidade de ingresos e gastos con detalles como "usuarios, debedores", "axudas monetarias" ou "caixa tutelados"
A lista de espera por unha consulta especializada dispárase por riba do peor da pandemia
O tempo medio de espera por unha cirurxía estaba a 31 de decembro en 67 días, 8 menos que un ano antes pero un máis que no semestre anterior
O Supremo rexeita a petición de Audasa de cobrar 46 millóns polo que deixou de gañar durante a pandemia
O alto tribunal lembra que a lexislación non contempla "que o concesionario gañe sempre todo o que el espera". A concesionaria da AP-9 pechou 2020 con 33 millóns de beneficios malia a COVID-19.
Medo a trabucarse na Renda? O TSXG avanza no 'dereito ao erro' nas declaracións cunha sentenza de repercusión estatal
O tribunal galego anula unha sanción de 72.000 euros a un contribuínte salientando que "a complexidade das normas e dos procedementos" condiciona a culpabilidade e rexeita que unha regularización da declaración deba ir acompañada de multa
Indra é condenada por acoso laboral a un traballador ao que mantivo sen tarefas máis de dous anos
O Supremo fai firme que a empresa tecnolóxica discriminou e atentou contra a dignidade profesional do seu empregado de forma "sistemática", polo que terá que indemnizalo
Altri, protagonista da investidura: Rueda pide respecto "á liberdade dos funcionarios"
Pontón cualifica o proxecto de "bomba ambiental" e Besteiro di que "ía ser o gran proxecto verde do PP e o que sabemos é que o PP está moi verde"
Rueda, investido presidente para a lexislatura do récord do PP
Sen abandonar o ton de campaña contra BNG e PSdeG, o líder popular culmina a súa investidura afirmando que agora "toca remar todos xuntos". Asegura que vai gobernar "con humildade, con firmeza e por Galicia" mentres Pontón e Besteiro se brindan a acordos para "defender" o país
Besteiro pide fuxir da confrontación política e ofrece a Rueda cinco pactos de país "pola Galicia que pode ser"
"Vostede ten os votos necesarios para ser un lexítimo presidente, pero non atopamos a ambición de país que é imprescindible para ser un bo presidente", dixo o socialista
Medio Ambiente ve "previsibles efectos adversos" nun recheo con parking e amarres deportivos que Portos tramita en Corcubión
Na vila hai 23 embarcacións pesqueiras en precario e a Xunta quere crear 24 prazas para elas pero engadindo 170 deportivas e gañando ao mar 6.000 metros cadrados nos que incluír 65 prazas de aparcamento, ademais dun dique de 283 metros