Gonzalo Rodríguez

Gonzalo Rodríguez

Nacín en Monforte e vivin en Ferreira de Pantón, Sarria e Vigo. Atopei o meu lugar no mundo en Santiago e vivo en Bertamiráns, o que ben sendo un cidadán do mundo. Son compañeiro de Rosa e pai de Lupe e Lía, que son as que me poñen os pés na terra. O meu oficio é dar clases de economía na Universidade de Santiago de Compostela, onde investigo sobre economía pesqueira e desenvolvemento rexional. Participo en ATTAC, particularmente desmontando o TTIP e colaboro coa revista Tempos Novos, co-coordenando a sección de economía e calidade de vida.