Belén Puñal

  • A prostitución en crise

    Que facer se quedas sen traballo e sen unha fonte de ingresos mensuais? Cada vez máis mulleres en apuros económicos procuran saídas no mercado do sexo. Entre elas, inmigrantes que deixaran a prostitución e que teñen que volver a ela para poder seguir adiante. Mais tamén galegas e españolas, fabas moi contadas até hai un par de anos nos prostíbulos. Atópanse, porén, cun negocio á baixa, que acrecenta sobre elas o poder dos clientes e dos proxenetas. Baixan os prezos, diminúe a demanda, acéptanse con máis facilidade prácticas de risco...

  • O patrimonio secuestrado

    Disque aqueles países máis avanzados son os que máis coidan o seu patrimonio. Mais en Galicia, onde pistas forestais, parques eólicos e grandes obras públicas como o porto exterior da Coruña, arramplan con  poboados castrexos únicos, nunca se creu moito nesta premisa. Herdeiros pola forza, o libro que veñen de presentar o xornalista Manolo Gago e o arqueólogo Xurxo Ayán en 2.0 Editora, dá conta desta realidade.

  • Unha factura de 350 euros por ir a urxencias?

    Unha parella de orixe cubana (el con nacionalidade española) levou a súa filla de dous meses a urxencias. Dado que non contaban co suficiente tempo de empadroamento para teren acceso á tarxeta sanitaria (despois da modificación efectuada polo goberno Feijoo en setembro), un mes despois recibiron unha factura de 351,01 euros.