Rocío Botana

Rocío Botana

Rocío Botana, traballadora social especializada en comunidade xitana e migracións, cunha ampla experiencia de traballo no ámbito local e internacional. Dende setembro, centrou a súa actividade nun fondo traballo de visibilización e axuda aos solicitantes de asilo que durante o último ano teñen chegado a Europa. Desprazándose a terreo en 5 ocasións, percorreu as rutas de tránsito e chegada dende a illa de Lesbos, Atenas e Salónica, Macedonia, Croacia, Eslovenia, Serbia e Hungría a través da Asocación Causas Comúns da que foi cofundadora no 2015.