0 Gardados para despois
Diego Lourenzo

Diego Lourenzo

Diego Lourenzo Moura, nado en Verín no 1988. É Técnico Superior en Administración e Finanzas e Graduado en Administración e Dirección de Empresas pola Universidade de Vigo.

Durante a súa estancia na Universidade exerceu de Responsable do Campus de Ourense da Organización Estudantil Comités, membro da Xunta da Facultade de Ciencias Empesariais e Turismo de Ourense e do Claustro da Universidade de Vigo en representación dos Comités.

Foi Responsable Comarcal en Monterrei de Galiza Nova, xuventudes do BNG e membro da súa Dirección Nacional. Membro do Consello Nacional da formación nacionalista. Concelleiro do BNG en Verín do 2011 a 2015. Nas eleccións Municipais de maio de 2015 foi o cabeza de lista do BNG en Verín e é o 1º Tenente de Alcalde e Portavoz do Goberno do Concello de Verín

As miñas achegas a Praza: